Un polo de atracción para o sector

Galicia é unha das rexións de España con maior potencial para o desenvolvemento de negocios. Situada no noroeste da Península Ibérica, goza dunha privilexiada situación estratéxica e destaca pola súa capacidade competitiva.

127 puertos

5 portos
internacionais

3 aeropuertos A Coruña, Santiago y Vigo

3 aeropuertos
internacionais

Moderna red viaria

+ 79.500 kms
de estrada

dos que case 1.500 km son vías de altas prestacións

Galicia posúe un contorno socioeconómico privilexiado e consolídase como unha das comunidades españolas con mellor comportamento do PIB. A súa poboación activa caracterízase por un alto nivel de formación e cualificación, o que se traduce nunha gran produtividade.

127 puertos

+37.500 matriculados

en ciclos de Formación Profesional

3 aeropuertos A Coruña, Santiago y Vigo

+53.000 estudantes

nas tres universidades galegas

Moderna red viaria

28 centros tecnolóxicos
e de coñecemento

127 puertos

Dos parques
tecnolóxicos

con servizos e infraestruturas de alto
valor engadido

3 aeropuertos A Coruña, Santiago y Vigo

+200.000 empresas

con sede social en Galicia

Moderna red viaria

+100 polígonos industriais

Galicia medra poñendo a súa mirada no exterior. Gran parte do auxe da súa economía débese ao seu poder exportador, unha forza que a converte nunha das comunidades autónomas españolas máis abertas aos mercados internacionais.

Máis de 200 empresas estranxeiras líderes nos seus respectivos sectores elixiron Galicia.

Investir no sector aeroespacial

O sector aeroespacial emerxe con forza en Galicia. Unha contorna na que a tecnoloxía, o coñecemento e o talento van da man cara á competitividade e ao crecemento, facendo da comunidade un lugar idóneo para investir e instalar empresas.

A Xunta de Galicia apoia de forma decidida o desenvolvemento da industria dos vehículos non tripulados a través da Civil UAVs Initiative, que constitúe o maior investimento público en Europa neste segmento do sector aeroespacial.

O Polo Aeroespacial de Galicia ofrécelle á industria as infraestruturas necesarias para o desenvolvemento de solucións no ámbito dos sistemas e os vehículos non tripulados.

O Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) ofrece un servizo integral, innovador e completo para a realización de ensaios de plataformas aéreas tanto tripuladas como non tripuladas.

Rozas é un centro en pleno funcionamento que dispón, ademais, dunha pista de 1.200 metros de longo por 45 metros de ancho, unha área de 343 hectáreas de superficie e un hangar de 40 x 40 metros, así como de todo o equipamento necesario para a operación segura de aeronaves, tanto tripuladas como non tripuladas.

As súas infraestruturas e a instrumentación implantada fan do CIAR un marco único para o desenvolvemento de produtos e solucións de forma eficiente e segura e permiten ofrecerlles ás empresas servizos de alta cualificación como un centro de control de ensaios, situado na torre de control, un innovador sistema de seguridade aérea, un sistema de comunicacións modular con cinco postos de control, un laboratorio de investigación para a realización de probas de simulación de tráfico de vehículos non tripulados ou un sistema meteorolóxico in situ.

Además, Galicia tiene otra serie de ventajas geoestratégicas que la convierten en una región muy apropiada para promover el sector aeroespacial y, en particular, en el ámbito de los sistemas aéreos no tripulados.

O Parque Tecnolóxico e Industrial de Rozas constitúese como unha infraestrutura de carácter empresarial e tecnolóxico que ten por obxectivo atraer investimentos estables de empresas do sector aeroespacial a Galicia.

Dous dos socios tecnolóxicos da Xunta de Galicia na Civil UAVs Initiative, Indra e Babcock, terán presenza no parque con cadanseus hangares, dos que xa comezaron as obras de construción.

As empresas asentadas no parque, que forma parte do aeródromo, teñen acceso preferente ás instalacións do aeródromo e do CIAR.

Galicia. Inversión, talento e innovación (Descargar)

¡Participa!

Únete á comunidade Civil UAVS Initiative para compartires perspectivas sobre o sector.