
A Xunta continúa poñendo ao servizo das persoas o coñecemento adquirido no polo aeroespacial
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, asistiu a unha xornada de presentación da licitación por 6,5 millóns de euros para seguir incorporando novas solucións innovadoras con vehículos non tripulados aos servizos públicos.

A Xunta presenta en Madrid as capacidades e oportunidades do Polo Aeroespacial de Galicia no congreso profesional de sistemas non tripulados DRONEXpo
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou nunha mesa redonda sobre liñas de financiamento Destacou a oportunidade que supón a nova licitación coa que a Xunta incorporará novas solucións con vehículos non tripulados ás emerxencias...

Completadas as prazas para que os centros educativos galegos participen nas actividades da Aula Newton en Tecnópole
O concepto Newton foi desenvolvido e está xestionado por First Scandinavia, unha entidade sen ánimo de lucro, coa colaboración de profesores, institucións docentes e corporacións. A Aula Newton é un espazo ben equipado que se centra na educación en materias STEM de alta calidade co fin de inspirar ao alumnado.
Un sistema automatizado para a medición da calidade da auga é a primeira solución con vehículos non tripulados que a Xunta pon en marcha para mellorar a prestación dos servizos públicos galegos
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde; e a conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana; asistiron hoxe no porto de Muros a unha demostración do funcionamento deste novo servizo que permite realizar...
A Xunta publica a licitación coa que incorporará novas solucións innovadoras con vehículos non tripulados ás emerxencias sanitarias e sociais e á xestión forestal e dos recursos mariños
Investirá 6,5 M€ nesta contratación do Polo Aeroespacial de Galicia coa que se impulsa a compra inmediata de solucións moi próximas ao mercado para a súa incorporación á carteira de servizos da Administración autonómica.
A Xunta mobiliza 7,2M€ para dar continuidade á aceleradora do sector aeronáutico BFAero con dúas novas edicións
O obxectivo é fortalecer o posicionamento internacional das empresas participantes e promover así a creación, aceleración e consolidación de pemes innovadoras na cadea de valor da industria aeroespacial de Galicia
A Xunta xa ten en execución 84 millóns de euros de fondos públicos no Polo Aeroespacial 2025
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, apunta que a colaboración co Consorcio Aeronáutico Galego é unha peza fundamental na Estratexia do Polo Aeroespacial para os próximos anos Nove empresas e consorcios aspiran a...
Galicia disporá de 12,3 M€ máis para desenvolver o programa de I+D do Polo Aeroespacial de Galicia
Galicia amplía a 52,3 millóns de euros os fondos destinados á licitación de Compra Pública Precomercial para a selección de socios estratéxicos e tecnolóxicos cos que desenvolver o novo programa de I+D no Polo Aeroespacial de Galicia. Aos 40M€ de fondos propios xa comprometidos, súmanse os 12,34M€ obtidos do Plan Complementario de I+D+i de Biodiversidade do Ministerio de Ciencia e Innovación -ligado ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea- para o desenvolvemento dun programa destinado á monitorización e observación da biodiversidade no que se utilizarán sistemas aéreos e mariños non tripulados para a captura de datos.
A Xunta continúa coas actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas orientadas ao sector aeroespacial
Máis dun cento de alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO do CPR A Inmaculada de Lugo (Maristas) coñecerán de preto este mes de marzo o traballo que se realiza no eido dos vehículos non tripulados no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) así como nas instalacións das empresas Indra e Babcock no Parque Tecnolóxico e Industrial de Rozas.