Iniciativa de FUTURO

A Civil UAVs Initiative é unha iniciativa estratéxica pioneira en Europa liderada pola Xunta de Galicia para atraer investimentos no sector aeroespacial e desenvolver solucións innovadoras no ámbito da industria de sistemas e vehículos non tripulados.

O seu obxectivo é crear solucións e produtos innovadores para mellorar a prestación dos servizos públicos, facéndoos máis modernos e eficientes.

Impulsada a través da Compra Pública de Innovación (CPI), permitiu atraer a Galicia a grandes compañías multinacionais do sector aeroespacial e logrou xerar e consolidar tecido industrial en torno ao Polo Aeroespacial de Galicia.

A Civil UAVs Initiative propiciou a creación dun ecosistema de innovación capaz de xerar novas ideas e de atraer e reter capital humano altamente cualificado e especializado en Galicia.

No marco desta iniciativa participan máis de 50 axentes (universidades, centros de coñecemento, empresas tractoras e pemes), estanse a desenvolver máis de 35 proxectos de I+D+i coa participación de máis de 400 persoas altamente cualificadas e estase a realizar un investimento público-privado de 164 millóns de euros

Optimización de los servicios públicos

Innovación na prestación dos servizos públicos

Dinamización e Impulso al avance de tecnologías

Impulso a un segmento de mercado de alta tecnoloxía

Atracción de capital innovador

Atracción de investimento no sector aeroespacial

Dinamización y diversificación del tejido empresarial local

Dinamización e diversificación do tecido empresarial local

Emprendemento
e talento

Favorecer o desenvolvemento e crecemento de empresas e fomentar o emprendemento innovador no sector aeroespacial é o obxectivo principal do programa de Emprendemento e talento da Civil UAVs Initiative.
A Business Factory Aero (BFAero), que forma parte deste programa, está orientada a promover a creación e aceleración de empresas innovadoras en Galicia, que poidan completar a cadea de valor do sector aeroespacial.
En Galicia, ademais, contamos con programas formativos para consolidar, a medio e longo prazo, un ecosistema innovador con capacidade para xerar, atraer e reter talento.

Emprendimiento y formación

INVESTIMENTO

A través dun apoio integral, a industria aeroespacial atopou en Galicia un lugar idóneo para instalarse, investir e desenvolver a súa investigación e innovación.

 

Próximos Eventos

not posts found
¡Participa!

Únete á comunidade Civil UAVS Initiative para compartires perspectivas sobre o sector.