Programa de I+D Civil UAVs initiative

Programa de I+D 

O Plan Estratéxico do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025 susténtase en catro piares: tecnoloxía, mercados, regulación e talento, e desenvólvese a través de 7 programas e 26 actuacións coas que se aspira a mobilizar un investimento público-privado de 540 M€, dos que xa están en execución 87 millóns de fondos públicos (tanto da Xunta de Galicia como de outras administracións) e que, xunto á mobilización privada prevista, constitúe o 61,8 % do investimento da folla de ruta da inicaitiva.

O procedemento de Compra Pública Precomercial para a selección de socios tecnolóxicos e industriais da Civil UAVs Initiative é a primeira actuación da nova folla de ruta do Polo Aeroespacial de Galicia para os próximos cinco anos. Un total de 9 compañías líderes presentaron ofertas á licitación publicada en agosto de 2021 para ser os novos socios estratéxicos da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia ata o 2026.

Froito do procedemento de diálogo que se desenvolveu ata o mes de xullo de 2022 aprobouse un listado de programas de interese preferente, formado por 8 programas presentados por 7 empresas. Os 3 primeiros socios estratéxicos do Polo Aeroespacial de Galicia ata 2026 son: Airbus, Babcock e Telespazio. A Xunta de Galicia aspira a seguir incorporando novos programas de I+D se se obteñen fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia ou doutras fontes de financiamento.

PROGRAMA CONJUNTO XUNTA DE GALICIA-INDRA
PROGRAMA CONXUNTO XUNTA DE GALICIA-AIRBUS

A chegada de Airbus, líder do sector aeroespacial en Europa, conleva un investimento público-privado por valor de 240,75 millóns de euros (28,71 M€ públicos e 212,04 M€ achegados pola empresa) para a realización de 20 proxectos de I+D+i vinculados ao uso civil de aeronaves non tripuladas.

Crearanse 221 empregos directos de alta cualificación e dedicaranse 19,28 M€ dos fondos aportados pola Xunta á contratación doutras empresas e centros de coñecemento. Airbus aumentará a pegada industrial traballando con socios galegos na futura cadea de subministro de produtos.

 

Os proxectos centraranse nos eixos que marcarán o futuro da industria aeronáutica, tales como: sistemas de propulsión de reducido impacto ambiental ou plataformas versátiles multioperación que permiten incrementar a eficiencia dos recursos de voo.

O programa inclúe o desenvolvemento de tecnoloxías clave que abarcan toda a cadea de valor do segmento dos sistemas non tripulados como unha plataforma non tripulada adaptada a diferentes misións, certificable e con capacidade para voar en contorna urbana; unha estación de control de terra certificable, sistema de voos autónomos, sistemas de propulsión híbrida-eléctrica para a redución de emisión e ruidos, integración dos sistemas non tripulados no U-Space ou tecnoloxías de comunicación 5G conectada fóra de liña de vista e en contorna urbana.

 

EMPRESAS: Clue Technologies, Utingal, Sixtema e Capgemeni.

CENTROS DE COÑECEMENTO: Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia-Gradiant e Fundación Andaluza para el desarrollo aeroespacial (FADA-CATEC).

PROGRAMA CONJUNTO XUNTA DE GALICIA-BABCOCK
PROGRAMA CONXUNTO XUNTA DE GALICIA-BABCOCK

A compañía Babcock xa participou como socio estratéxico da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia 2015-2020 e actualmente xa ten consolidada a súa presenza en Galicia, onde posúe un hangar dedicado á I+D+i no segmento dos sistemas non tripulados no Parque Tecnolóxico e Industrial de Rozas. Neste novo período revalida programa conxunto co Goberno galego, que suporá un investimento de 37,8 M€ (12,29 M€ aportados pola Xunta e o Ministerio de Ciencia e Innovación no marco do Plan Complementario de Biodiversidade, que está financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia; e 25,51 M€ de investimento privado).

Babcock compromete a creación de 112 empregos de alta cualificación en Galicia, investirá 7,57 M€ na contratación de empresas e centros de coñecemento e realizará un importante investimento en actividades de I+D+i e nas instalacións do Parque Tecnolóxico e Industrial de Rozas.

 

 

 

Babcock centrará a parte esencial dos seus proxectos no desenvolvemento de plataformas e dos instrumentos axeitados para a observación da biodiversidade desde estas plataformas de baixa altitude. Para acadar o obxectivo empregará o sistema non tripulado LUMES certificado, sistemas de xestión de voo e seguridade para operacións complexas; ou comunicacións baseadas en telefonía móbil 5G.

Tamén creará, en colaboración con Telespazio, o Centro Integrado de Observación da Biodiversidade, que aspira a converterse nunha e-infraestrutura de referencia a nivel nacional.

 

 

 

EMPRESAS: Cuatro Digital Technology, Cinfo contenidos informativos especializados, Coremain, García Santos, Veoline sistemas aeronáuticos, Centum Research & Technology, Deltro soldatec e Sdea solutions.

CENTROS DE COÑECEMENTO E UNIVERSIDADES: Centro tecnolóxico do mar – Fundación CETMAR, CITMAGA-Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia, Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia-CTAG, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia-Gradiant, Fundación Andaluza para el desarrollo aeroespacial (FADA-CATEC), Universidade de Compostela – CITIUS, Universidade de Compostela – COGRADE.

INFRAESTRUTURAS DE EXPERIMENTACIÓN: Fundación pública galega-Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia – CESGA.

PROGRAMA CONJUNTO XUNTA DE GALICIA-BOEING
PROGRAMA CONXUNTO XUNTA DE GALICIA-TELESPAZIO

O programa conxunto de Telespazio, compañía pertencente á multinacional Leonardo & Thales Group, líder mundial na operación de servizos aeroespaciais, suporá un investimento de 17,81 M€ (8,9 M€ aportados pola Xunta e polo Ministerio de Ciencia e Innovación; e 8,9 M€ de aportación privada) para o desenvolvemento de 12 proxectos de I+D+i.

O programa conxunto con Babcock nace dunha proposta integrada, coordinándose ambas empresas para crear tecnoloxías que, baseadas en vehículos non tripulados, dean resposta a retos da Xunta e doutras administracións públicas relacionadas coa xestión, vixilancia e monitorización da biodiversidade.

A compañía compromete a creación de 83 empregos de alta cualificación e un investimento de 6,35 M€ dos fondos públicos na contratación de 10 empresas e centros de coñecemento.

A súa actividade estará centrada nos procesos de xestión de datos de diferentes plataformas de observación: satélites, HAPS e vehículos non tripulados.

 

O gran obxectivo marcado é o da prestación de servizos xeoespaciais enfocados á preservación da biodiversidade, baseados en vehículos non tripulados coa capacidade de voar máis alá da liña de vista sen segregar o espazo aéreo no marco do U-Space.

Ademais, marcáse como meta ser o primeiro axente en certificar drons baixo normativa EASA para esta tipoloxía de misión.

 

O proxecto inclúe: desenvolvemento de plataformas non tripuladas aéreas e mariñas, equipos de navegación avanzada UTM e U-Space, equipos de Sense&Avoid, sistemas avanzados de comunicacións, contornas avanzadas de despregue de drons en terra, tecnoloxías facilitadoras de voos BVLOS (máis aló da liña de vista); sistemas de terminación de voo e sistemas de visión artificial; ou unha estación de terra para xestión de sensores embarcados en drons.
EMPRESAS: ESSP SAS, Alter, Ingeniería INSITU, Centum Research & Technology, PildoLabs Galaica, Bahía Software.

 

CENTROS DE COÑECEMENTO E UNIVERSIDADES: Universidade de Vigo, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia-Gradiant, Instituto Tecnolóxico da Galicia – ITG, Centro Avanzado de Tecnologías Aeroespaciales – CATEC.

¡Participa!

Únete á comunidade Civil UAVS Initiative para compartires perspectivas sobre o sector.