El Programa de Soluciones de la Civil UAVs Initiative

Programa de Solucións

O programa de solucións da Civil UAVs Initiative inclúe diferentes proxectos que, mediante o uso de vehículos non tripulados, dan resposta a unha serie de retos tecnolóxicos identificados dende a Xunta de Galicia co obxectivo de mellorar a prestación dos servizos públicos e a calidade de vida dos cidadáns.

Integra dez licitacións de Compra Pública de Tecnoloxía Innovadora (CPTI) para desenvolver, nun prazo de dous anos, produtos e servizos que xa contan con certo grao de madurez tecnolóxica.

O programa de solucións conta coa siguiente financiación: Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (POPE). Unha maneira de facer Europa.

  • Eixo Prioritario/Obxectivo Temático 01: Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.
  • Obxectivo Específico 1.2.1: Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas polas empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á Compra Pública de Innovación (CPI).
  • Actuación: Liña de Fomento da Innovación desde a Demanda para a Compra Pública de Innovación (FID). Convenio de colaboración entre o Ministerio de Economía y Competitividad, a Axencia Galega de Innovación e a Axencia para a Modernización Tecnológica de Galicia para o proxecto “Civil UAVs Initiative” (18/07/2016)
    • Obxecto do convenio: o obxecto do presente convenio é establecer a colaboración entre as partes para contribuír á mellora dos servizos públicos, a través do fomento da innovación empresarial, mediante a selección do proxecto “Civil UAVs Initiative” para o seu cofinanciamento polo FEDER 2014-2020.
    • Importe total: o importe total do proxecto “Civil UAVs Initiative” ascende a 24.000.000 €. De dito importe, finánciase con fondos FEDER 2014-2020 un 80% (19.200.000 €) e o 20% restante (4.800.000 €) é a aportación nacional a través da Xunta de Galicia.

Licitacións de CPI que se desenvolven no marco do convenio:

1
Gestor de conjunto de datos georreferenciados obtenidos por UAVs. (TIERRA-1)

Xestor de conxunto de datos xeorreferenciados obtidos por UAV  (TERRA-1)

O obxecto deste proxecto é o desenvolvemento dunha plataforma que permita a integración de todos os datos xeorreferenciados capturados, tanto os obtidos a partir de sensores transportados por UAV como os provenientes doutras fontes, co fin de que sexan accesibles de forma sinxela polos distintos usuarios de aplicacións de produción de información xeográfica.

Xestión dun gran volume de información xeorreferenciada (Geo Big Data) con diferentes formatos, características e datas.

Xestión de información do voo, condicións atmosféricas, horario de execución dos traballos, planificación da misión, etc.

Deseño de metadatos e normalización dos procedementos para a execución dos voos, xestión da información de calibración dos sensores UAV.

Adjudicatario del contrato:

U.T.E. Ingeniería Insitu S.L. – Cartogalicia S.L. – Soluciones y proyectos de información S.L. (Sixtema).

Organismo responsable:

Instituto de Estudios del Territorio (IET)

Importe de adxudicación:

418.455 €.

Consellería:

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda.

2
Adquisición, mantenimiento y automatización de bases topográficas y cartográficas mediante medios aéreos no tripulados. (TIERRA-2)

Adquisición, mantemento e automatización de bases topográficas e cartográficas mediante medios aéreos non tripulados (TERRA-2)

Trátase dunha solución tecnolóxica capaz de elaborar e manter actualizados os planos e mapas de Galicia a partir de capturas de datos realizadas mediante vehículos non tripulados e outros vehículos aéreos náuticos e terrestres.

A solución desenvolvida incluirá funcionalidades melloradas ou novas sobre os sistemas empregados actualmente que permitan, entre outras cousas, a xeneralización cartográfica, a transformación de formatos, a conversión a modelos de datos, a edición de nubes de puntos LIDAR, a obtención de modelos dixitais do terreo e almacenamento en bases de datos.

Adjudicatario do contrato:

U.T.E. Ceres Gestión Sectorial, Services Research & Maping Consulting e Eptisa Tecnología de la información.

Organismo responsable:

Instituto de Estudios del Territorio (IET)

Importe de adxudicación:

1.397.997 €

Consellería:

Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda.

3
Seguimiento de las dinámicas de ocupación del suelo y ayuda a la planificación territorial mediante el uso de vehículos aéreos no tripulados. (TIERRA-3)

Seguimento das dinámicas de ocupación do solo e axuda á planificación territorial mediante o uso de vehículos aéreos non tripulados (TERRA-3)

O obxecto deste proxecto é o deseño e desenvolvemento dunha solución que permita a elaboración de información sobre coberturas e usos do solo, así como un conxunto de ferramentas de apoio á planificación territorial a partir dos datos capturados polos sensores aerotransportados en UAV.  

Esta aplicación debe poder integrar diferentes tipos de fontes de datos e procesalos para compoñer bases de datos de ocupación do solo, é dicir, debe prover os técnicos que elaboran a cartografía dun conxunto de aplicacións que permita automatizar a captura de datos e a análise da información.

Adxudicatario del contrato:

U.T.E. Aeromedia, Altia Consultores e Centro de Observación y Teledetección Espacial (Cotesa).

Subcontratas:

Universidad de Santiago de Compostela (Citius) y Universidad de A Coruña (Citic)

Consellería:

Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda.

Importe de adxudicación:

1.245.945 €

Organismo responsable:

Instituto de Estudios del Territorio (IET).

4
Proyecto Tierra-4: Aplicativos de información geográfica para la gestión y control forestal (TIERRA-4).

Solucións para a xestión e control forestal mediante o uso de UAV  (TERRA-4)

O deseño, desenvolvemento e posta en marcha dunha solución para a xeración de información xeorreferenciada sobre a masa forestal, a situación fitosanitaria dos bosques e o uso e características do solo forestal a partir de datos capturados por sensores aerotransportados en UAV así como por outros vehículos, aéreos e terrestres, é o obxecto deste proxecto.

Captura e tratamento (transformación, edición, análise) de datos para o inventario forestal de montes por especie.

Inspección e control dende o aire das franxas de seguridade antiincendios, en particular nas zonas de seguridade ao redor dos núcleos urbanos.

Coñecer a situación fitosanitaria dos bosques galegos e poder actuar mediante o uso de UAV sobre as tres pragas que máis preocupan o sector forestal galego: procesionaria, nematodo do piñeiro e defoliador do eucalipto.

Adxudicatario do contrato:

U.T.E. Centro Tecnológico, Forestal e da Madeira (CETEMAS), Centro de Observación y Teledetección Espacial (COTESA), 3edata e Universidade de Santiago de Compostela -Multiespectral.

Organismo responsable:

Dirección General de Defensa del Monte e Dirección General de Planificación y Ordenación Forestal.

Importe de adxudicación:

1.092.095 €

Consellería:

Consellería del Medio Rural.

5
Refuerzo de la seguridad marítima de la flota pesquera gallega y de las actividades de seguimiento de su actividad mediante el uso de vehículos aéreos y marinos no tripulados. (MAR-1).

Reforzo da seguridade marítima da frota pesqueira galega e das actividades de seguimento da súa actividade mediante o uso de vehículos aéreos e mariños non tripulados (MAR-1)

O obxecto deste proxecto é o deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha solución que permita dotar os organismos da Administración galega dun servizo mellorado que dea resposta, de maneira conxunta, ás necesidades de seguridade da frota e control da actividade pesqueira de Galicia.  

Mellora da seguridade da frota mediante un sistema de monitoraxe continua.

Un sistema de apoio á toma de decisións. 

Unha plataforma de integración e rexistro da información achegada polo equipo a bordo. 

Un sistema de UAV e/ou USV concibido como unha despregadura de vehículos de alerta temperá. 

Un sistema de procesado e xeración de alertas. 

Adxudicatario do contrato:

U.T.E. Imatia Innovación, Cartogalicia e Industrias Ferri.

Subcontratas:

Scio Soft, Fundación Instituto Tecnológico de Galicia (ITG) Fiber Laminates e Arteixo Telecom.

Consellería:

Consellería del Mar.

Importe de adxudicación:

1.486.337 €

Organismos responsables:

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.

Consellería: Consellería do Mar.

6
Automatización de muestreos oceanográficos mediante vehículos no tripulados. (MAR-2).

Servizo de automatización de mostraxes oceanográficas mediante vehículos non tripulados (MAR-2)

O deseño, desenvolvemento e posta en marcha dunha solución tecnolóxica que permita dotar os organismos da Administración galega responsables do control das distintas masas de auga dun servizo mellorado de mostraxe e recollida de datos baseado nas novas tecnoloxías e no uso de vehículos autónomos aéreos e acuáticos é o obxectivo deste proxecto.

A monitoraxe e control permanente das condicións e calidade das augas é de especial relevancia e afecta a contornos económicos fundamentais para a economía galega: pesca, marisqueo e acuicultura, saúde pública e turismo (calidade das augas para o baño, xestión da proliferación de cianobacterias nos encoros), medio ambiente (verteduras), entre outros; sendo especialmente necesario para as augas marítimas, debido á importantísima actividade socioeconómica que implica na nosa comunidade.

Este proxecto conta coa implicación de catro departamentos da Xunta de Galicia e constitúe un exemplo de coordinación interdepartamental en beneficio da cidadanía.

Máis económico (permitirá un abaratamento significativo dos custos dos actuais programas de control e monitoraxe da calidade das augas).

Máis intensivo (posibilita unha maior periodicidade na recollida de datos).

Máis eficaz (capacidade para operar en condicións meteorolóxicas adversas).

Adxudicatario do contrato:

U.T.E. Indra, Adantia e Sixtema, Soluciones y Proyectos de Información.

Subcontratas:

Investigación y Proyectos Medio Ambiente (IPROMA), Seadrone e Aimen Centro Tecnolóxico.

Consellerías:

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Consellería de Infraestructuras e Mobilidade e Consellería do Mar.

 

Importe de adxudicación:

2.450.000 €

Organismos responsables:

Instituto Tecnológico para el Control del Medio Marino (INTECMAR),  Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

7
Otras licitaciones (AMTEGA)

Servizo de cardioprotección nun tramo do Camiño de Santiago mediante vehículos aéreos non tripulados interconectados co 061

Este proxecto contempla a creación dun servizo integral de cardioprotección nun tramo do Camiño de Santiago mediante vehículos aéreos non tripulados (UAV) interconectados co 061.

A necesidade desta solución deriva da responsabilidade encomendada aos servizos sanitarios da Xunta de Galicia de asistir calquera tipo de emerxencia sanitaria que suceda na comunidade. O emprego de vehículos non tripulados permitirá unha resposta rápida, en lugares de difícil acceso, ante unha patoloxía tempo-dependente de carácter moi frecuente, como é o caso dunha parada cardiorrespiratoria (PCR).

Esta iniciativa converte a Galicia en pioneira a nivel nacional e europeo, cun sistema que permitirá mellorar os tempos de asistencia aos peregrinos que sufran unha parada cardiorrespiratoria.

Desenvolverase un sistema integrado coa Central do 061 que, en chamadas ao servizo con sospeitas de parada cardiorrespiratoria, facilitará asistencia sanitaria urxente mediante o envío precoz dun electrocardiógrafo e un desfibrilador utilizando UAV.

 

Os desfibriladores son de uso fácil e a persoa que acompañe o paciente será guiada en todo momento por un médico ou ATS-auxiliar de enfermaría dende a Central de Coordinación do 061.

Esta asistencia inicial complementarase coa intervención protocolizada habitual neste tipo de patoloxías.

 

Adxudicatario do contrato:

Babcock Mission Critical Services Fleet Management.

Subcontratas:

Universidade de Santiago de Compostela (Citius), Coremain, Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), Innovatec, Soldatec e Veoline.

 

Consellerías:

Consellería de Sanidade e Consellería de Cultura e Turismo.

Importe de adxudicación:

922.155,52 €

Organismos responsables:

Dirección de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e 061 Galicia.

8
Otras licitaciones (AMTEGA)

Servizo de desenvolvemento e fase demostración dun sistema de xestión de información xeorreferenciada para o control da actividade agraria en Galicia no marco do proxecto PRIMARE-Inspeccións Intelixentes Avanzadas.

O obxectivo das tres licitacións realizadas pola AMTEGA no marco da Civil UAVs Initiative é resolver un reto único: a automatización da inspección de axudas da Política Agraria Común (PAC).

A primeira das solucións permitirá a xestión de información xeográfica, territorial e agroambiental xeorreferenciada necesaria para o control da actividade agraria, que integrará os datos capturados mediante sensores transportados por vehículos aéreos non tripulados ou outros dispositivos tecnolóxicos.

Este sistema permitirá obter imaxes das parcelas con calidade suficiente para o seu posterior tratamento, así como datos relativos á xestión dos cultivos como poden ser a altura do terreo, a altura do culto ou o grao de lentura.

Adxudicatario do contrato:

Gradiant, Proyestegal, Seresco e Ingeniería Insitu.

Organismos beneficiaro:

Consellería do Medio Rural.

 

Importe de adxudicación:

1.216.983,47 + IVA.

 

9
Automatización de muestreos oceanográficos mediante vehículos no tripulados. (MAR-2).

Servizo de desenvolvemento e fase de demostración dunha plataforma de procesado de información das parcelas agrarias galegas no marco do proxecto PRIMARE-Inspeccións Intelixentes Avanzadas.

O obxectivo das tres licitacións xestionadas pola AMTEGA no marco da Civil UAVs Initiative é resolver un reto único: a automatización da inspección de axudas da Política Agraria Común (PAC).

Este proxecto está destinado a crear unha plataforma de procesado de información de parcelas agrarias, que permitirá obter datos xeográficos nos que identifican as parcelas, a súa morfoloxía topográfica, os cultivos e outros datos obtidos a través dos sensores embarcados en UAV  e outros dispositivos.

Toda esta información estará almacenada nunha plataforma con capacidade para explotalos de forma útil, tanto por parte da Administración como dos axentes do sector primario. Con base nestes datos poderanse desenvolver diferentes aplicacións orientadas a mellorar e optimizar a produción e a facer un seguimento dixital de parcelas e cultivos.

Adxudicatario do contrato:

Gradiant, Proyestegal e Seresco.

 

Organismos beneficiaros:

Consellería de Medio Rural.

 

Importe da adxudicación:

638.068,46 € + IVA

10
Automatización de muestreos oceanográficos mediante vehículos no tripulados. (MAR-2).

Servizo de desenvolvemento e fase de demostración do sistema experto de control automatizado e intelixente da actividade agraria asociada ás axudas da Política Agraria Común (PAC) no marco do proxecto PRIMARE-Inspeccións Intelixentes Avanzadas.

O obxectivo das tres licitacións xestionadas pola AMTEGA no marco da Civil UAVs Initiative, é desenvolver solucións tecnolóxicas innovadoras para resolver un reto único: a automatización da inspección de axudas da Política Agraria Común (PAC).

De forma específica, esta terceira solución céntrase no deseño e implantación dun sistema intelixente para automatizar os traballos sobre o terreo e a toma de decisións asociadas ás axudas europeas en Galicia.

Con base na información obtida coas solucións anteriores, este sistema permitirá axudar a determinar os tipos de parcelas e que os técnicos poidan tomar decisións sen se trasladar sempre fisicamente á parcela.

 

Adxudicatario do contrato:

Gradiant, Proyestegal e Seresco.

 

Organismos beneficiaros:

Consellería de Medio Rural.

 

Importe de adxudicación:

861.166,63 € + IVA

¡Participa!

Únete á comunidade Civil UAVS Initiative para compartires perspectivas sobre o sector.