Estratexia 2021-2025

A planificación estratéxica da Civil UAVs Initiative 2021-2025 da continuidade á iniciativa impulsada en 2015 pola Xunta de Galicia para promover o desenvolvemento tecnolóxico de vehículos e sistemas non tripulados.

Para o período 2021-2025 xa se comprometeron 70 millóns de euros, aspirando a mobilizar un investimento de máis de 540 millóns de euros, mediante a colaboración público-privada (fondos europeos e financiamento privado) para impulsar unha iniciativa estratéxica e tractora de interese rexional que constitúe un instrumento clave de transformación económica e creación de emprego altamente cualificado.

Este investimento estrutúrase en torno a sete programas: I+D, Solucións, Investigación Científica, Infraestruturas, Competitividade, Talento e Vocacións científico-tecnolóxicas, que se desenvolverán a través de 30 actuacións específicas, que van desde:

O financiamento de grandes programas de I+D para a busca de novas tecnoloxías disruptivas.

A compra de solucións baseadas nestas tecnoloxías para incorporar aos servizos da Xunta de Galicia.

O impulso do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas como infraestrutura de ensaios de referencia europea.

O apoio ás empresas galegas coa apertura de novos mercados.

A realización de actividades con escolares para promover vocacións científico-tecnolóxicas e seguir apostando polo talento.

A nova estratexia da Civil UAVs Initiative buscará, ademais, dar resposta aos novos retos do sector dos vehículos non tripulados nos eidos público e privado, como a atención á dependencia, a xestión de emerxencias, a modernización da agricultura, a seguridade turística, a xestión sustentable dos recursos forestais, da biodiversidade ou da auga, a mobilidade ou as enerxías renovables. Aliñada co contexto das políticas europeas, os retos verdes protagonizarán a Civil UAVs Initiative

Obxectivos

7

Programas

30

Actuacións

+540

M€ de
investimento

4-8

Empresas
tractoras

20

Solucións
tecnolóxicas

24

Novas
empresas

Desenvolver o polo de Rozas como epicentro da I+D+i aeroespacial en Galicia e posicionar Galicia como un actor global no sector

Mellorar a eficiencia dos servizos públicos mediante o uso de aeronaves non tripuladas

Xerar capacidades e coñecemento científico básico en Galicia

Internacionalización dos produtos e servizos desenvolvidos polas empresas galegas do sector aeroespacial, apoiando a súa chegada a novos mercados

Creación de emprego de calidade e desenvolvemento do talento galego

Planificación estratéxica Civil UAVs Initiative 2021-2025 (resumo executivo)

Descargar

 

XORNADA DE PRESENTACIÓN DA CIVIL UAVS INITIATIVE 2021-2025 E DA LICITACIÓN PARA A SELECCIÓN DE SOCIOS ESTRATÉXICOS E TECNOLÓXICOS (27 de xullo)

Presentación da planificación estratéxica. Patricia Argerey Vilar, directora da Axencia Galega de Innovación

Descargar

Novas oportunidades de investimento para o sector aeroespacial de Galicia. A senda dun pacto de Estado pola Industria. Jaime de Rábago Marín, decano do Colegio Nacional de Ingenieros del ICAI e Presidente do Comité de Industrialización do Instituto de la Ingeniería de España

Descargar

Presentación da licitación para a selección de socios estratéxicos e tecnolóxicos para o período 2021-2025. Luisa Boquete, directora da Área de Programas de Innovación da Axencia Galega de Innovación

Descargar

Presentación da licitación para a selección de socios estratéxicos e tecnolóxicos para o período 2021-2025. Beatriz Allegue, Xefa de Gabinete de Desenvolvemento Lexislativo – Asesoría Xurídixa Xeral da Xunta de Galicia

Descargar

 

¡Participa!

Únete á comunidade Civil UAVS Initiative para compartires perspectivas sobre o sector.