Programa de I+D Civil UAVs initiative

Programa de I+D

Ata o momento alcanzáronse tres acordos de asociación entre a Xunta de Galicia e empresas tractoras para o desenvolvemento conxunto de programas de I+D que permitan a creación de produtos, tecnoloxías e solucións no sector aeroespacial con base en modelos de Compra Pública Precomercial.

Estes programas teñen un alto impacto económico sobre o territorio. Cun percorrido de cinco anos, tres empresas tractoras do sector (Indra, Babcock e Boeing) e máis de 20 proxectos en marcha, este programa xa está a dar os seus froitos.

Este modelo de colaboración público-privada permitiulle á Xunta de Galicia  maximizar a rendibilidade do investimento público, favorecendo a implantación de grandes empresas e xerando para as pemes oportunidades de acceso ao mercado de produtos e servizos innovadores no ámbito aeroespacial.

O programa de I+D implica subcontratacións por valor de máis de 24 M€ en pemes, centros tecnolóxicos e de investigación e universidades de Galicia.

PROGRAMA CONJUNTO XUNTA DE GALICIA-INDRA

PROGRAMA CONXUNTO XUNTA DE GALICIA-INDRA

A Xunta de Galicia e Indra están a investir preto de 60 M€ neste programa conxunto, dos que o Goberno galego achega 20 M€ e a empresa preto de 40 M€, incluíndo o reinvestimento de retornos indirectos.

Neste programa conxunto trabállase no desenvolvemento de tres proxectos cun alto potencial de mercado.

O TARGUS é un OPV (Optionally Piloted Vehicle, avión opcionalmente tripulado) de á fixa, cun peso de 1.230 kg, 11 metros e máis de 100 kg de carga útil, segundo a configuración adoptada.

 

Mostrar máis

A embarcación mariña non tripulada ou USV (Unmanned Sea Vehicle) ten 7,62 metros de eslora e 2,60 metros de manga, cun peso de 600 kg.

 

Mostrar máis

O Centro de Misión e Proceso de Datos (CMPD) serve para o control de operacións e encárgase de recibir, procesar, arquivar, distribuír e monitorizar os datos dos sensores embarcados nas plataformas non tripuladas.

 

Mostrar máis

No programa conxunto de I+D, Indra conta, ademais da colaboración do INTA-CIAR,  coa participación de 18 pemes e centros de coñecemento.

Empresas: Ingeniería Gaerum/Tecnam Aviation, Seadrone/Acubens, Televés/Gsertel, Marine Instruments, Ingeniería Insitu, SOARNOR (Sociedad Aeronáutica del Noroeste) /S4 Solution for Aviation, Sixtema, Aeromedia e Centum.

Centros de coñecemento: Fundación ITG, Aimen Centro Tecnolóxico, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), Aclunaga e AtlanTIC.

PROGRAMA CONJUNTO XUNTA DE GALICIA-BABCOCK

PROGRAMA CONXUNTO XUNTA DE GALICIA-BABCOCK

A Xunta de Galicia e Babcock están a investir preto de 55 M€ neste programa conxunto, dos que o Goberno autonómico achega case 20 M€ e a multinacional case 35 M€ (nesta cifra inclúense reinvestimento e retornos indirectos).

Neste programa conxunto trabállase en dezasete proxectos de I+D, que se traducen no desenvolvemento dunha vintena de solucións, entre as que destacan as plataformas LUA e LUMES.

Plataforma LUA, de á rotatoria de 25 a 30 kg de peso, que permite unha carga útil de ata 7 kg e velocidade máxima de 120 km/h.

Plataforma LUMES, de á rotatoria, de 150 kg, con capacidade de carga útil de ata 35 kg de peso e velocidade máxima de ata 140 km/h.

Un piloto automático para aeronaves non tripuladas.

Unha unidade terrestre avanzada, incluíndo un sistema de transporte de aeronaves e centro de control para o operador.

Un simulador de voo de aeronaves non tripuladas, para formación de operadores.

Unha carga útil de observación miniaturizada (LifeSeeker)

Un sistema de xestión de corredores aéreos de baixa cota para controlar e regular o tráfico aéreo de UAV.

Unha carga útil de comunicacións para misións de coordinación de emerxencias.

Sistemas de transporte urxente de material, para LUA de ata 5 kg de peso ; e para LUMES, de ata 30 kg de peso, mediante UAV.

Un sistema embarcado en aeronaves de intervención SAR e LCIF para a interoperabilidade con UAV e unidades terrestres.

Un sistema de optimización dos labores de silvicultura preventiva e ordenación e inventariado forestal.

Un sistema de xestión para o control de pragas forestais e para a determinación do estado fitosanitario dos cultivos agrícolas.

Un sistema para a xestión de cuncas hidrográficas e cubicación de terras e materiais sólidos.

Un sistema experto de monitoraxe de incendios forestais e de control do tráfico aéreo e un sistema de xestión da restauración postincendio e hidrolóxico-forestal (Einforex).

Un sistema de xestión para o control da frota pesqueira e para a inspección das prácticas pesqueiras.

Un sistema de xestión para a ordenación do territorio, mantemento de pastos e detección de abandono de terras agrícolas.

Un sistema de xestión para a inspección de infraestruturas mariñas e para o control do marisqueo.

Un sistema de inspección para o control da calidade das augas mariñas e loita contra a contaminación.

Un sistema de detección e recoñecemento de corpos flotantes no mar .

Un sistema para a xestión de cuncas hidrográficas e cubicación de terras e materiais sólidos.

Os obxectivos do programa conxunto Xunta de Galicia – Babcock son o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas sustentables que melloren a eficiencia dos servizos públicos en tres ámbitos fundamentais: a loita contra incendios forestais, a vixilancia marítima e o salvamento e a xestión do territorio.

No programa conxunto de I+D, Babcock conta coa participación, ademais do INTA-CIAR, de máis de 20 empresas, centros de coñecemento e universidades.

Empresas: Veoline Sistemas Aeronáuticos, Deltro Soldatec, Centum, Pildo Labs Galaica, Gradiant, Coremain, Cinfo, Sivsa, Softwcare, Cablerías Auto e Industrias Delta Vigo.

Centros de coñecemento e universidades: Fundación ITG, Universidade de Santiago de Compostela – CITIUS, Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), Universidade de Santiago de Compostela – Laborate, Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Itmati, Universidade de Santiago de Compostela – Multiespectral, AtlanTIC e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

PROGRAMA CONJUNTO XUNTA DE GALICIA-BOEING

PROGRAMA CONXUNTO XUNTA DE GALICIA-BOEING

Boeing Research and Technology Europe desenvolve coa Xunta de Galicia un programa conxunto de I+D no ámbito do U-Space, cun investimento de 10,2 millóns de euros, dos que o Goberno galego achega 6 M€ e Boeing os restantes 4,2 M€.

O programa, denominado Galician Skyway, contempla seis proxectos que teñen como obxecto desenvolver solucións tecnolóxicas específicas para dar resposta a situacións que se poden producir en voo que foron identificadas polas Axencias de Seguridade Aérea como claves para a seguridade no tráfico aéreo en espazos nos que conviven aeronaves tripuladas e non tripuladas.

Galician SkyWay investiga e desenvolve tecnoloxías avanzadas cun obxectivo común: fortalecer a seguridade das operacións con UAV e facilitar as cousas para un ecosistema futuro no que as aeronaves tradicionais e os vehículos non tripulados coexistan nun mesmo espazo aéreo.

Como resultado deste programa conxunto, Boeing deixará instalado en Rozas un simulador de probas e continxencias, o que suporá unha importante contribución ao equipamento do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR).

Boeing Research and Technology Europe e a Xunta contan coa colaboración de seis empresas e institucións para a execución deste proxecto: ENAIRE, dependente do Ministerio de Fomento; o INTA, dependente do Ministerio de Defensa; o centro tecnolóxico galego Gradiant; a multinacional tecnolóxica galega Televés; Centum, unha startup tecnolóxica galega especializada en telecomunicacións; e Soticol, unha empresa de base tecnolóxica que xorde na Universidade de Alcalá.

PROGRAMA CONJUNTO XUNTA DE GALICIA-BOEING

LoL: Loss of Link, solucións á perda de comunicacións coa estación de terra que controla ou pilota o UAV.

LoS: Loss of Separation, solucións á perda de separación entre aeronaves que permitan minimizar o perigo de colisión entre estas.

LoG: Loss of GPS, solucións á perda do sinal procedente das infraestruturas de axuda á navegación e posicionamento, como o GPS.

LOE: Loss of Engine, solucións á perda do impulso do motor.

Por outra banda, inclúense dous proxectos horizontais que integran as respostas a todas as continxencias, que son:

LoP: Loss of Energy (Power), solucións á perda de enerxía.

Xestión Integral de Continxencias (XIC).

LoO: Loss of Ownership, solucións á perda de control sobre o UAV por actos de interferencias.

Simulador de Probas e Continxencias (SM).

¡Participa!

Únete á comunidade Civil UAVS Initiative para compartires perspectivas sobre o sector.