Infraestructuras do Polo Aeroespacial de Galicia

O Polo Aeroespacial de Galicia conta cunhas infraestruturas que o fan único e que o converten nunha opción inmellorable para a realización de ensaios certificados con vehículos non tripulados.

Situado no concello de Castro de Rei, na provincia de Lugo, o aeródromo de Rozas foi reconvertido pola Xunta de Galicia nunha infraestrutura científico-tecnolóxica única, á disposición da industria e dos centros de coñecemento.

El Aeródromo de Rozas

O Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR)

Na actualidade estanse a desenvolver, ou están en fase de ensaio, un gran número de aeronaves non tripuladas (UAV) en todo o mundo que necesitan realizar procesos de certificación. Para iso cómpre contar con infraestruturas adecuadas ás súas características e que conten cunha correcta xestión de riscos que permitan realizar voos de probas en condicións de seguridade.

As infraestruturas dispoñibles na maioría dos países que desenvolven UAV non están adaptadas para cubrir as necesidades que presentan estes vehículos.

Neste marco, o Centro Mixto de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) converteuse nunha infraestrutura pioneira e única para a realización de ensaios certificados con vehículos non tripulados.

Cun investimento de máis de 10 millóns de euros dende 2015, o CIAR está xestionado de forma conxunta pola Xunta de Galicia e polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) —Organismo Público de Investigación (OPI) da Administración xeral do Estado e  principal referente da I+D aeroespacial en España—, e ofrece un servizo para a realización de ensaios de plataformas aéreas e dispón dun avanzado equipamento que fai del un dos centros de referencia a nivel europeo nesta materia.

Os fins e obxectivos do CIAR son os seguintes:

Introducir as vantaxes dos avións non tripulados na comunidade científica, cun custo máis reducido, maior autonomía e inexistencia de riscos persoais, especialmente en circunstancias adversas.

Favorecer a colaboración internacional na investigación científica, xa que este centro posúe unhas instalacións únicas de acordo cos criterios de ESFRI (Grandes Infraestruturas Científicas e Tecnolóxicas), situando a España como líder europeo neste campo.

Fomentar o desenvolvemento tecnolóxico. Os laboratorios instalados en Rozas permiten o desenvolvemento de proxectos de empresas moi especializadas en dar servizos ás necesidades de equipamento de investigación, proporcionando as instalacións de probas necesarias para tal fin.

As súas infraestruturas e a tecnoloxía implantada permiten poñer á disposición das empresas o seu centro de control de ensaios, situado na torre de control e núcleo operativo do CIAR, dende onde se supervisan as probas con UAV . Recibe todos os datos en tempo real e permite realizar varios ensaios ao mesmo tempo.

Tras a súa rehabilitación e dotación de equipamento, a torre de control que completa o CIAR configúrase como unha das máis avanzadas tecnoloxicamente de Europa.

O sistema de comunicacións do CIAR, con cinco postos de control, é outro equipamento importante do centro; que tamén conta cun innovador servizo meteorolóxico. Nel monitorízanse a temperatura ambiente, a temperatura de punto de resío, a pluviometría, a presión, a humidade e o vento. Ademais dispón dun detector de descargas eléctricas, estación meteorolóxica de superficie, pluviómetro e torre meteorolóxica para a medida de vento.

Para garantir a seguridade das aeronaves nos ensaios, o CIAR está equipado tamén cun radar secundario que dá cobertura mínima en distancia de 180 quilómetros e ten capacidade de seguimento para varias aeronaves.

Infraestructuras del polo aeroespacial de Galicia

Descrición e equipamento de Rozas Descargar

Acceso a Rozas. Condicións e proceso Consultar

El Parque Tecnológico e Industrial Aeroespacial de Rozas

O Parque Tecnolóxico e Industrial de Rozas

Ao CIAR súmase un parque tecnolóxico e industrial orientado a fortalecer o tecido empresarial do sector.

Situado dentro do aeródromo de Rozas e dotado das infraestruturas máis avanzadas, a primeira fase deste parque conta cunha superficie de 31.419,5 metros cadrados, dos que 7.180 están reservados para empresas interesadas na instalación de hangares dedicados a actividades da cadea de valor da industria aeroespacial.  Babcock e Indra, multinacionais do sector e socios tecnolóxicos da Xunta de Galicia na Civil UAVs Initiative, están a construír senllos hangares neste novo parque.

As empresas interesadas en instalarse no parque recibirán un tratamento individualizado por parte da Xunta de Galicia, e analizaránse todas as posibilidades para facilitar o seu investimento en Galicia.

Infraestructuras del polo aeroespacial de Galicia

Información para empresas interesadas en instalarse no parque. Descargar

¡Participa!

Únete á comunidade Civil UAVS Initiative para compartires perspectivas sobre o sector.