AD ASTRA Technologies S. L.

AD ASTRA Technologies é unha empresa de enxeñería aeronáutica, spin- off de AERDRON SL e dedícase ao desenvolvemento de vehículos aéreos non tripulados ( UAV), produtos de enerxía solar para aplicacións aeronáuticas e tecnoloxías relacionadas co espazo. AD ASTRA Technologies é unha empresa de enxeñería boutique de I + D que ten a capacidade de producir produtos de enxeñería de alto nivel con ciclos de deseño máis baixos en comparación coas corporacións aeroespaciais máis grandes. AD ASTRA Technologies ten capacidades de fabricación completas na empresa (equipos de fabricación de materiais compostos, máquinas CNC, máquinas de ensamblaxe robóticas, máquinas de impresión 3D profesionais, montaxe de equipos e compoñentes electrónicos con test final de equipos) para produción unitaria ou en serie.

Participa na terceira edición do Programa de Emprendemento, Business Factory Aero- BFAero, co proxecto SOLARBOTIX, un sistema de fabricación automatizado para producir en serie paneis solares estruturais para aplicacións aeronáuticas.

AEROCÁMARAS, S. L.

  • Teléfono: 986 18 18 18
  • Páxna web: https://aerocamaras.es/
  • Contacto: Jaime Pereira, CEO

Empresa líder en formación e servizos con drons, nace da procura de aplicacións a partir de vehículos aéreos non tripulados. A empresa centra as súas investigacións no deseño, fabricación de equipos e formación especializada.

Os servizos que ofrece son Formación oficial de piloto avanzado de drons; Formación de piloto especialista en, Seguridade, emerxencias, audiovisuais, entre outros; Fabricación e venda de equipos; Servizos, inspeccións de edificios e instalacións industriais, toma de imaxes para cartografía, entre outros; e desenvolvemento do Sistema Dron Velutina.

Participou na segunda edición do Programa de Emprendemento, Business Factory Aero – BFAero, desenvolvendo un sistema novo que permite utilizar as posibilidades que ofrecen os drons na loita contra a avespa asiática. O dron Velutina extermina os niños desta avespa de forma rápida, segura e eficaz. Pódense chegar a transportar ata 2 litros de biocida en cada voo e executar a operación en tan só 15 minutos.

Arteixo Telecom S.A.

Empresa con máis de 48 anos de experiencia na fabricación industrial cunha enxeñaría de alta calidade posta a disposición dos nosos clientes. Temos calidade concertada con todos eles. Ofrecemos aos nosos clientes servizos integrais de deseño, desenvolvemento, industrialización, compoñentística e fabricación de produtos e sistemas electrónicos. Estamos certificados coa PECAL 2110, que nos permite traballar directamente co Ministerio de Defensa no deseño, fabricación e instalación. Dispoñemos dun departamento relacionado coa ciberseguridade que cubre as necesidades do sector Defensa e de calquer tipo de navegación.

Participou no proxecto MAR-1 (Programa de Solucións) como partner da UTE IMATIA INNOVACIÓN, S. L. – CARTOGALICIA, S. L. – INDUSTRIAS FERRI S.A., para o desenvolvemento dun concentrador embarcado de información que inclúe a información de artes de pesca, de seguridade da tripulación e de navegación, integrado no sistema de comunicacións.

Carbon Composites, S.L.- IXO

  • Teléfono: +34 660549707
  • Página web: http://www.ixocarbon.com/
  • Contacto: Pedro Sánchez, CEO

IXO® dedícase á fabricación de pezas de composites, principalmente fibra de carbono, de alta calidade, enfocado maioritariamente no mercado mundial do luxo. Doutra banda, a compañía desenvolve un amplo programa de I+D+i para conseguir novos acabados e materiais avanzados, tanto no apartado estético como prestacional. Con varias patentes solicitadas este ano, IXO® está considerada unha das empresas máis innovadoras no mundo dos materiais compostos, con clientes tan prestixiosos como Bugatti, Audemars Piguet, Koenigsegg, Leica camera, etc.

Froito desas investigacións na área de mico-espesores está a capacidade de poder fabricar laminados de extrema finura e lixeireza, na que se destacou como unha das actividades máis importantes da actualidade, moi enfocada ao sector aeronáutico e de estruturas de UAVs, xa que poden conseguir skins dun espesor mínimo, pero moi resistentes.

Participou na segunda edición do Programa de Emprendemento Business Factory Aero- BFAero, co proxecto de deseño e fabricación de estruturas aeronáuticas, reforzos e chasis para drons, fabricadas en material composite ultraligero e resistente, utilizando composites avanzados como Zylon, Technora, Twaron ou Dyneema, e o deseño de nosa propia estrutura para un dron lixeiro.

Cartogalicia, S.L.

  • Teléfono: 981 554 201
  • Páxina web: https://cartogalicia.com/
  • Contacto: Marcos López Sánchez, xerente

Empresa dedicada a ofrecer servizos integrais relacionados con subministros de topografía, fotogrametría, láser, escáner, metroloxía e batimetrías, sendo pioneiros na incorporación de sistemas aéreos e marítimos non tripulados, levando xa máis de quince anos traballando con ditos sistemas. 

Ademais, outra das actividades principais é o deseño, desenvolvemento e implementación de cargas de pago; ademais dos servizos relacionados coas solucións desenvolvidas e coordinación de proxectos de I+D+i.

Participou no proxecto MAR-1 (Programa de Solucións) como contratista principal da UTE IMATIA INNOVACIÓN, S.L. – CARTOGALICIA, S.L. – INDUSTRIAS FERRI, S.A., desenvolvendo un UAV e o seu nicho para o despregue e recuperación.

Tamén participou como contratista principal no proxecto TERRA-1 (Programa de Solucións) na UTE INSITU- CARTOGALICIA- SIXTEMA, para a recollida de datos desde UAV.

Centum Research & Technology S.L.

  • Teléfono: 986 120 460
  • Páxina web: http://www.centum-rt.com/en/
  • Contacto: Héctor Estévez Pomar (Partner e CEO de CENTUM research & technology)

Empresa especializada en deseñar, desenvolver e comercializar sistemas aeronáuticos de misión para os mercados de Emerxencias, Seguridade, Defensa e Aeroespacial. Estes produtos implementan tecnoloxías de comunicacións móbiles de última xeración xunto con técnicas de procesado dixital avanzadas para detectar, identificar e localizar teléfonos móbiles, así como para crear redes de comunicacións de altas prestacións, o que permite optimizar operacións de procura e rescate, vixilancia marítima e control de fronteiras ou habilitar comunicacións de emerxencia en desastres naturais.

Participou no Programa Conxunto GAIN- BABCOCK (Programa de I+D) como subcontratista do socio estratéxico BABCOCK, desenvolvendo o proxecto Cargas de Pago – Localizador marítimo/Celas de comunicación.

Así mesmo, participou no proxecto Galician Skyway (Programa de Solucións), como subcontratista de BOEING RESEARCH AND TECHNOLOGY EUROPE, S.L.

Por último, participou no Programa Conxunto GAIN- INDRA (Programa de I+D) como subcontratista do socio estratéxico INDRA, no desenvolvemento do proxecto Targus.

Participou na segunda edición do Programa de Emprendemento, Business Factory Aero- BFAero, co proxecto Alivetor, tecnoloxía radar UWB capaz de detectar vida en situacións de desastres naturais ou edificios colapsados, axudando a rescatar persoas sepultas nos instantes iniciais da emerxencia, instantes que son críticos para o éxito da misión.

 

Contenidos Informativos Personalizados, S. L. (CINFO)

  • Teléfono: 881 015 512
  • Páxina web: https://www.cinfo.es/es/
  • Contacto: Daniel Menéndez Lodeiro, xefe de Desenvolvemento de Negocio

Empresa especializada en tecnoloxías de vídeo, desde a xeración e administración dos metadatos, ata a súa xestión completa, as interfaces ou as apps de usuario, as webs que dan resposta ás subscricións, o transporte e a distribución do vídeo, as codificacións e a encriptación.

Participou no Programa Conxunto GAIN- BABCOCK (Programa de I+D) como subcontratista do socio estratéxico BABCOCK, en proxectos relacionados coas cargas de pago en UAVs e a xestión de incendios para a composición de imaxes de análises de escenarios de incendio en fase de extinción.

 

 

Deltro Soldatec, S. L.

  • Teléfono: 986 342 185
  • Páxina web: http://weldingtec.com/ 
  • Contacto: José Manuel Troncoso Garrido, director técnico

Empresa especializada no campo da soldadura técnica aplicada a todos os sectores da industria. En concreto, en técnicas especiais para recuperar ou ampliar a vida á maior parte das pezas metálicas, estudando nun primeiro lugar o metal e posteriormente as súas condicións de traballo a fin de seleccionar o mellor proceso a aplicar.

Participou no Programa Conxunto  GAIN- BABCOCK (Programa de I+D) como subcontratista do socio estratéxico  BABCOCK, para o desenvolvemento dos  UAVs  LUA/ LUMES  FF-101.  Soldatec desenvolveu a plataforma aérea, fabricando seis prototipos, realizando as tarefas necesarias para a posta en voo, ensaios e certificación do sistema e levou a cabo a definición dos procesos de fabricación para a eventual industrialización do sistema, xunto coa definición do plan de formación para a cualificación de pilotos e técnicos do sistema.

Participou no proxecto  Camiño  Cardiosaludable (Programa de Solucións) como subcontratista de  BABCOCK, desenvolvendo actividades de enxeñería mecánica para a impermeabilización da plataforma aérea (elementos mecánicos), deseño e fabricación das estruturas secundarias de interface das cargas de pago, deseño e fabricación da carga de transporte de material médico, incluíndo o sistema de descarga mediante paracaídas.

H2 Dron Energy, S. L.

Empresa de base tecnolóxica que deseña e produce sistemas de xeración de enerxía eléctrica mediante pilas de combustible de hidróxeno para drons. Dimensionan e deseñan xunto cos fabricantes, sistemas de enerxía para modelos específicos que optimizan segundo a misión que deben cumprir mediante sistemas híbridos (batería+pila) con xestión de potencia. Dispoñen ademais de solucións concretas para a frota existente.

Coa adopción da súa solución poden triplicar o tempo de voo e alcance da misión fronte á solución de baterías ou dar unha solución máis robusta, con menor pegada térmica e de ruído para o caso de uso de motores de combustión, con mellores prestacións en altura e a baixas temperatura.

Participou na primeira convocatoria do Programa de Emprendemento, Business Factory Aero- BFAero, e ademais o seu plan de empresa foi en noveno mellor posto da convocatoria NEOTEC 2020.

Indra Sistemas, S. A.

  • Teléfono: 914 805 002
  • Páxina web: https://www.indracompany.com/
  • Contacto: Francisco Javier Barcala Montejano, director de Vehículos Aéreos

Unha das principais compañías globais de tecnoloxía e consultoría. É un provedor líder mundial de solucións propias en segmentos específicos dos mercados de Transporte e Defensa, e a empresa líder en consultoría de transformación dixital e Tecnoloxías da Información en España e Latinoamérica.

Participou no Programa Conxunto GAIN- INDRA (Programa de I+D) como socio tecnolóxico principal. As actividades realizadas por INDRA céntranse no desenvolvemento do avión TARGUS OPV, barco USV OPV e Centro de Misión e Procesamento de datos ( CMPD).

Tamén participou no proxecto MAR-2 (Programa de solucións) como contratista principal da UTE INDRA SISTEMAS, S.A. – SOLUCIONES E PROXECTOS DE INFORMACIÓN, S.L. ( SIXTEMA) – ADANTIA S.L. desenvolvendo drons: barco USV OPV e multi- rotor para recollida e análise de mostras automático en encoros e augas costeiras.

LUPEON, S. L.

  • Teléfono: 986 11 81 31
  • Páxina web: https://lupeon.com/
  • Contacto: Luis Mandayo, CEO

Lupeon é unha enxeñaría especializada en desenvolver solucións innovadoras mediante fabricación aditiva. Destaca pola experiencia do seu equipo técnico e as súas capacidades de fabricación aditiva tanto en materiais metálicos (cobre, aluminio, titanio ou aceiros) como plásticos. Nas súas instalacións dispón de impresoras 3D profesionais de distintas tecnoloxías (DMLS, SLS, FDM, SLA) ademais dos equipos de laboratorio e post-procesado necesarios para asegurar a calidade e requirimentos esixidos polos seus clientes.

Lupeon ten experiencia en proxectos de innovación orientados a melloras de especificacións de produto dos seus clientes, traballando desde as fases iniciais de deseño ata a súa validación e produción seriada baixo demanda. Os servizos de enxeñería de Lupeon no sector aeroespacial están orientados á Integración de cargas de pago en chasis lixeiros e customizados, ao Deseño e fabricación de intercambiadores de calor, ao Deseño e fabricación de compoñentes de RF e á Análise estrutural, térmico e CFD.

Participou na primeira edición do Programa de Emprendemento, Business Factory Aero- BFAero como unha das empresas seleccionadas dentro do programa de emprendemento da Civil UAVs Initiative ( BFAero) co seu proxecto de “deseño optimizado e fabricación aditiva de pezas estruturais de UAVs co fin de reducir o seu peso e aumentar a súa autonomía de voo”.

RAYTRACK

  • Teléfono: 986 130 278
  • Páxina web: https://raytrack.tech/es/
  • Contacto: Alfonso Fernández, responsable de desenvolvemento de negocio

RAYTRACK é un proxecto promovido pola Universidade de Vigo e a Universidade de Oviedo, dedicado á transformación de datos básicos de radiofrecuencia en información útil para o noso cliente, que utiliza sensores remotos, tanto activos como pasivos, montados en UAV ou outros vehículos, para tarefas de diagnóstico de sistemas radiantes, e para a detección de obxectos ou infraestruturas enterradas con tecnoloxía micro-radar.Utiliza tecnoloxías baseadas en Sensores RF pasivos en UAV, diagnóstico de antenas BTS con UAV, explicación da tecnoloxía GPR sobre UAV e detección de minas antipersona con GPR en UAV.

Ata o momento recibiu diferentes recoñecementos e mencións como a cuarta posición na competición europea MyGalileoDrone 2020.

Participou na primeira edición do Programa de Emprendemento, Business Factory Aero- BFAero.

Televés S.A.U.

  • Teléfono: 981 522 200
  • Páxina web: www.televes.com
  • Contacto: Sebastián Pantoja, dirección de Programas Estratéxicos

Compañía tecnolóxica de ámbito global líder no deseño, desenvolvemento e fabricación de solucións para infraestruturas de telecomunicacións en fogares, edificios e cidades, e especializada na posta en marcha de liñas de fabricación 4.0, dispoñendo dos seus propios laboratorios de certificación e control de calidade.

Participou no Programa Conxunto  GAIN- INDRA (Programa de I+D) como subcontratista do socio tecnolóxico  INDRA para o proxecto do barco  USV OPV, concretamente no desenvolvemento dun sistema de comunicacións mariñas de gran alcance e no desenvolvemento e fabricación de antenas e  SDR que permiten aumentar radio de operación dos  USVs.

Tamén participou no proxecto  SkyWay (Programa de Solucións) como subcontratista de  BOEING  RESEARCH  AND  TECHNOLOGY  EUROPE, no desenvolvemento de sistemas de detección de sinais de comunicacións e na prevención de ataques de hackeo de drons.

 

 

Unmanned Galicia, S. L.

  • Teléfono:
  • Páxina web: https://unmannedgalicia.es/
  • Contacto: Luis M. González, xefe de enxeñaría

Spin off da Universidade de Vigo, enxeñería centrada no sector dos UAVs, asentada no sur de Galicia, dedicada ao desenvolvemento de cargas útiles intelixentes co fin de ampliar as capacidades de inspección destes vehículos. Especializámonos no desenvolvemento de sistemas para realizar diversos tipos de inspección en infraestruturas singulares de difícil acceso, como poden ser viadutos ou presa.

O proxecto Contact Drone consiste no desenvolvemento dunha carga de pago intelixente, adaptable a diferentes UAVs, para a realización de inspeccións de contacto en infraestruturas. O sistema adáptase ás necesidades de cada cliente, adaptándoo ao tipo de sensor de contacto que se necesite en cada caso, como poden ser sensores de ultrasóns ou acelerómetros. Este sistema, comparado cos métodos actuais de realización manual destas tarefas, é máis eficiente, rápido e seguro, reducindo ademais o seu custo.

Ademais deste tipo de servizos de inspección prestan servizos de inspeccións de paneis solares e cálculo do potencial solar, servizo que permite calcular o potencial solar dunha determinada cuberta ou tellado, xerando un informe de interese tanto ao instalador como ao cliente final. Topografía aérea, xerando modelos 3D de alta precisión. Inspección visual de infraestruturas, ofrecendo unha visión directa de gran resolución en estruturas de difícil acceso.

Participou na segunda edición do Programa de Emprendemento, Business Factory Aero- BFAero, co proxecto de desenvolvemento de cargas de pago para UAV que permitan establecer un contacto estable entre o vehículo aéreo e unha estrutura vertical. Esta carga de pago permite realizar tarefas de inspección non destrutiva baseada, por exemplo, en ultrasóns.

 

 

¡Participa!

Únete á comunidade Civil UAVS Initiative para compartires perspectivas sobre o sector.