Abionica Solutions SLP

  • Teléfono: 865 674 962
  • Páxina web: https://abionica.com/
  • Contacto: Antonio Bedmar, CEO

Empresa española que ofrece servizos de enxeñaría para o sector aeronáutico, dando soporte ao deseño, desenvolvemento e integración de Sistemas de Control de Voo (FCS) para Vehículos Aéreos Non Tripulados (UAVs), máis coñecidos como drons. O seu propósito é ofrecer aos clientes solucións e sistemas enfocados na seguridade dos UAS e orientados a seguir os estándares da regulación e certificación actual e futura para sistemas remotamente tripulados.

Abionica Solutions foi recoñecida pola Comisión Europea co Seal of Excellence, está financiada por ENISA, con sede en Distrito Digital CV e participa do Alicante Open Future, a iniciativa de Telefónica e a Universidade de Alicante (UA).

Desenvolve a integración de sistemas de control de voos; Servizos de desenvolvemento de sistemas de control de voo de grado aeroespacial; e Servizos de consultoría e formación.

Participa na terceira edición do Programa de Emprendemento, Business Factory Aero – BFAero, desenvolvendo PrimeCor Systems, que é un sistema de aumento de seguridade para vehículos aéreos non tripulados UAS/UAV para realizar operacións avanzadas e de alto risco, compatible con todos os sistemas de control de voo independentemente do tamaño, configuración ou misión e actualmente é a solución de mercado en termos de fiabilidade, seguridade e certificación.

Aerotools, S. L.

  • Teléfono: 919 296 093
  • Páxina web: http://www.aerotools-uav.es/
  • Contacto: Miguel Rosa, CEO

Aerotools centra a súa actividade na tecnoloxía dos drons e a dixitalización aplicados ás contornas industrial, agroforestal e de seguridade-defensa, onde adquiriu un amplo coñecemento e experiencia na posta en operación de solucións específicas e innovadores integrando drons e dixitalización.

Aerotools é especialista no desenvolvemento de plataformas aéreas propias, así como a adaptación de plataformas de fabricantes comerciais; a integración de diferentes tipos de sensores e sistemas; o desenvolvemento de protocolos e procedementos avanzados de planificación e execución de operacións con drons; a xestión e dixitalización da información capturada, así como a súa posta a disposición do cliente, da maneira máis eficaz e accesible.

Participou na terceira edición do Programa de Emprendemento, Business Factory Aero – BFAero, co proxecto ATOM como “Ferramenta innovadora para operacións de inspección industrial con drons”. ATOM é un entorno de traballo que facilita o uso dos drons en operacións de inspección ou análise de escenarios complexos, que requiren de datos capturados con sensores de características diversas. Estes datos deben ser procesados para posibilitar o seu manexo e a análise destes, co obxecto de obter resultados e informes que apoien a toma de decisións na xestión de activos industriais.

3edata Ingeniería Ambiental S.L.

  • Teléfono: 982 284 150
  • Páxina web: www.3edata.es
  • Contacto: Marcos Rubinos Román, CEO

Empresa de base tecnolóxica cuxo ámbito de traballo céntrase no medio rural, ofrecendo servizos relacionados coa captación e análise de información ambiental. A empresa está especializada na xestión de proxectos do sector agroforestal e ambiental.

Participou no proxecto TERRA-4 (Programa de Solucións) como contratista principal da UTE 3 EDATA Enxeñería Ambiental, S.L. – Universidade de Santiago de Compostela – Centro Tecnolóxico Forestal e da Madeira (CETEMAS) – Centro de Observación e Teledetección Espacial, S.A.U. A súa responsabilidade centrouse na xeración de algoritmos de clasificación automática da cobertura terrestre (mapas de hábitats e mapa forestal), así como no desenvolvemento de algoritmos para o seguimento de franxas de xestión de biomasa, o desenvolvemento de algoritmos para a identificación de árbores sintomáticos por pragas forestais e na captura e procesado de imaxes multiespectrales e datos LiDAR.

Como subcontratista da empresa COTESA, tamén participou no proxecto TERRA-3 (Programa de Solucións) como desarrollador de solucións tecnolóxicas para a automatización de cartografía de hábitats de interese comunitario, así como a valoración do seu estado de conservación.

UAV Instruments S.L.

  • Teléfono:
  • Páxina web: https://www.uav-instruments.com/
  • Contacto: Patricia Gómez Puente, responsable de desenvolvemento de negocio

UAV Instruments naceu en 2016 como resultado da visión de dúas empresas: ANSI e Cartogalicia. Concentra os seus esforzos en prover ao sector profesional de aeronaves non tripuladas de solucións innovadoras adaptadas ás súas necesidades. Para iso, contan cun equipo multidisciplinar capaz tanto de deseñar e desenvolver solucións vangardistas como de operar as súas aeronaves ofrecendo servizos en sectores como a topografía, a agricultura de precisión e, en breve, en labores de vixilancia. Un perfecto exemplo do traballo de UAV Instruments é a súa plataforma non tripulada de gran autonomía: o CÍES 2.2 Solar Powered.
UAV Instruments desenvolveu diferentes cargas de pago para operar en diversos sectores: fotogrametría, agricultura de precisión e prospección mineira.

Actualmente participa na terceira edición do Programa de Emprendemento Business Factory Aero- BFAero. Atópase desenvolvendo un novo payload para a execución de operacións de vixilancia tales como Observación e Patrullaje en Loita Contra Incendios, Procura e Salvamento, Inspección de liñas eléctricas e oleodutos, Vixilancia de Fronteiras, Loita Contra a Contaminación e Vixilancia Pesqueira.

ALTIA Consultores S.A.

  • Teléfono: 981 569 773
  • Páxina web: www.altia.es
  • Contacto: Pablo Méndez Llatas, xerente de Proxectos

Compañía dixital que ofrece servizos de consultoría, desenvolvemento e mantemento de solucións e servizos avanzados de tecnoloxía no sector industrial, financeiro, servizos, telecomunicacións, saúde, enerxía ou administracións públicas.

Participou no proxecto TERRA-3 (Programa de Solucións) como contratista principal da UTE ALTIA – COTESA – AEROMEDIA, cuxo obxectivo foi o deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha solución que permite a elaboración de información sobre coberturas e usos do chan, así como un conxunto de ferramentas de apoio á planificación territorial a partir dos datos capturados polos sensores aerotransportados en UAVs e noutros vehículos non tripulados: aéreos, náuticos e terrestres.

Boeing Research & Technology- Europe

  • Teléfono: 678 396 631
  • Páxina web: www.boeing.es
  • Contacto: Eduardo Carrillo de Albornoz, Strategy & BD Director

Compañía dedicada á investigación, deseño e desenvolvemento en áreas de interese xeral para a industria aeroespacial, incluíndo aspectos medioambientais, xestión de tráfico aéreo, e o desenvolvemento de programas tecnolóxicos no ámbito da investigación.
Participou no Programa Conxunto GAIN-AIRE (Programa de Solucións) como socio tecnolóxico principal do proxecto Galician SkyWay, que se centrou no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que permiten avances nos retos operativos e de seguridade que carrexa o despregamento de sistemas non tripulados en espazos aéreos compartidos. Como resultado do proxecto desenvolvéronse:

Sistemas de resposta a seis continxencias de voo: perda de comunicacións (LoL), perda de sinal de navegación (LoG), perda de enerxía a bordo (LOE), perda de empuxe de motor (LoP), perda de Separación (LoS) e perda de propiedade por xaqueo (LoO); así como un xestor integrado de continxencias que aborda as situacións de concorrencia de varias continxencias simultáneas.
Un laboratorio de simulación para a xestión do tráfico aéreo non tripulado en situacións de continxencia que foi despregado no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas ( CIAR). O laboratorio conta con simuladores de voo de última xeración.

O proxecto executouse en estreita colaboración con empresas tecnolóxicas galegas líderes e con referentes nos seus respectivos ámbitos de actuación, como Centum, Televés, Gradiant, Soticol, INTA e Enaire.

 

Centro de Observación y Teledetección Espacial, S.A.U (COTESA)

  • Teléfono: 914 560 428
  • Páxina web: www.cotesa.grupotecopy.es
  • Contacto: Aurelio V. García Rochera, director da área de Análise de información xeoespacial

Empresa especializada en solucións e servizos para a optimización de procesos de negocio e xestión territorial mediante tecnoloxías da información asociadas á posición, en diferentes áreas (teledetección e cartografía temática, xestión patrimonial e de activos, cartografía para seguridade e defensa, consultoría urbanística e territorial, transporte e mobilidade, etc.).

Participou no proxecto TERRA-3 (Programa de Solucións) como contratista principal da UTE ALTIA – COTESA – AEROMEDIA, cuxo obxectivo foi o deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha solución que permite a elaboración de información sobre coberturas e usos do chan e hábitats de alta resolución: SIOSE 5 K e HÁBITATS 5 K. Ademais, a solución inclúe un conxunto de ferramentas de apoio á planificación territorial a partir dos datos capturados polos sensores aerotransportados en UAVs, imaxes de satélite (tanto comerciais como datos Sentinel do programa Copernicus).

Tamén participou no proxecto TERRA-4 (Programa solucións) como contratista principal da UTE 3 EDATA Enxeñería Ambiental, S.L. – Universidade de Santiago de Compostela – Centro Tecnolóxico Forestal e da Madeira (CETEMAS) – Centro de Observación e Teledetección Espacial, S.A.U., cuxo obxectivo foi o deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha solución de control e xestión forestal.

Coremain SLU

  • Teléfono: 902 905 590
  • Páxina web: www.coremain.com
  • Contacto: Elvira López Gallego, responsable de Proxectos

Empresa especializada en consultoría, deseño, desenvolvemento e implantación de solucións do software e no outsourcing de proxectos TI.

Participou no proxecto Camiño  Cardiosaludable (Programa de Solucións) como subcontratista de  BABCOCK. Desenvolveu os sistemas software de xestión da información, en particular, a aplicación para a monitoraxe e xestión de misións e a aplicación móbil de asistencia instalada na tableta transportada polo  UAV. Será responsable dos servizos de integración cos sistemas do 061, e da implantación dos diferentes sistemas nas contornas de demostración.

Tamén participou no Programa Conxunto GAIN- BABCOCK (Programa de I+D) como subcontratista do socio tecnolóxico BABCOCK, mediante o desenvolvemento de solucións técnicas enfocadas a retos en relación coa loita contra a contaminación.

Imatia Innovation S.L.

  • Teléfono: 699 463 200
  • Páxina web: www.imatia.com
  • Contacto: Luis Aceituno Otero, coordinador de proxectos estratéxicos

Enxeñería especializada no desenvolvemento de software e provedor de solucións a medida, como socio tecnolóxico ou ‘Departamento de I+D+i externo’.

Participou no proxecto MAR-1 (Programa de Solucións) como creador da idea e contratista principal da UTE IMATIA INNOVATION, S.L. – CARTOGALICIA, S.L. – INDUSTRIAS FERRI, S.A., desenvolvendo a plataforma software intelixente de emerxencias na que se visualizan alarmas da frota pesqueira como colisión, caída de home á auga, inclinación excesiva do barco, artes de pesca a bordo e zonas de largado. Tamén xera as misións, roteiros e envíos de ordes con comunicacións redundantes a drons aéreos e mariños para chegar ao punto da incidencia sorteando zonas prohibidas e recibindo vídeo HD en tempo real.

Ingeniería Insitu S.L.

  • Teléfono: 981 242 480
  • Páxina web: www.ingenieriainsitu.com
  • Contacto: María Rosa Varela González, directora de Proxectos

Empresa especializada en infraestruturas e transporte, desenvolvemento territorial e urbano, modelos 3D, enerxía e termografía, imaxes 360 e percorridos virtuais.

Participou en proxectos desde un punto de vista multiangular, proporcionado pola caracterización das capacidades e nichos de negocio empresariais, conectadas, tanto á prestación de servizos geomáticos como á condición de operadores RPA e desarrolladores de software e integración hardware relacionado coa captura de datos masivos nestes ámbitos.
Participou igualmente no proxecto de TERRA-1 (Programa de Solucións) como contratista principal da UTE INSITU- CARTOGALICIA- SIXTEMA, desenvolvendo o Xestor de Conxunto de datos Xeorreferenciados obtidos por UAV e as inspeccións Intelixentes para soporte de axudas da Política Agraria Común.

Tamén colaborou co Programa Conxunto GAIN- INDRA (Programa de I+D) como subcontratista do socio tecnolóxico INDRA, realizando o desenvolvemento de Módulo de xestión e Tratamento de datos xeoespaciais de primeiro e segundo nivel dentro do Centro de Misión e Procesado de datos ( CMPD).

Ingeniería y Control Merasys S.L.

  • Teléfono: 886 12 74 65
  • Páxina web: https://merasys.es/
  • Contacto: Carlos Parrilla, director de tecnoloxía. cparrilla@itera-t.es

Merasys é unha empresa tecnolóxica experta en intelixencia artificial aplicada a procesos industriais, Smart Grids, Smart Cities e health. Desenvolve proxectos personalizados de alta tecnoloxía combinando as redes neuronais artificiais con sensores sofisticados, electrónica de vangarda e software de última xeración para o tratamento de imaxes e datos.

Conta con experiencia e antecedentes no desenvolvemento de instalacións e plataformas tecnolóxicas de alto rendemento para inspección industrial, monitoraxe remota mediante plataformas RTRM, dixitalización de movementos en fábrica para optimización de fluxos produtivos, control de aforos; ademais do desenvolvemento de equipos electrónicos, prototipos e deseño de PoC.

Mesarys participa na BFAero, co proxecto SAQQARAH, unha solución innovadora para a inspección visual por medio de drons autónomos con tecnoloxía de visión artificial embarcada. Este proceso de inspección realízase por medio dunha plataforma de intelixencia artificial (con algoritmos xenéticos-redes neuronais) e dron con cámara embarcada. O dron percorre traxectorias de inspección automatizadas tomando imaxes dos puntos de inspección e enviándoos en tempo real á plataforma.

O proceso é totalmente automatizado sendo a pilotaxe programada desde a plataforma.O obxectivo é optimizar o proceso de inspección e monitoraxe remota, mellorando a fiabilidade, reducindo os custos operativos e o lead time de inspección.

 

Services Research & Mapping Consulting S.L.- SRM Consulting

  • Teléfono: 911 160 606
  • Páxina web: www.srmconsulting.es
  • Contacto: José Santiso Martín, director de Vehículos aéreos

Compañía tecnolóxica que desenvolveu unha plataforma GIS propia – Ipsilum –para solucionar todo tipo de problemas no ámbito xeoespacial, que integra capacidades de xestión de información espacial, tratamento de información de sensores fixos e en movemento proporcionando solucións, IoT, Análises Big Data e intelixencia artificial, Smart cities e realidade aumentada. O obxectivo é facilitar a creación, xestión e publicación de Información Xeográfica a partir de tecnoloxía innovadora.

Participou no proxecto TERRA-2 (Programa de Solucións) como contratista principal da UTE SERVICES RESEARCH – EPTISA – CERES XESTIÓN SECTORIAL., desenvolvendo algoritmos para as diferentes funcionalidades deste proxecto.

RAWLIDAR S.L.

  • Teléfono: 981 554 201
  • Página web: http://rawlidar.com/
  • Contacto: Ramón Martínez y Marcos López, promotores

Rawlidar é unha spin- out de Cartogalicia e Insitu e que se constituíu para o desenvolvemento do proxecto FREEdron, actualmente incluído na fase de incubación de Business Factory Aero.

Rawlidar é integrador de sensores LiDAR de carácter multiplataforma e multisensor segundo as necesidades do usuario final, a súa solución marca unha diferenza coas solucións presentes no mercado; debido a que ofrecen unha solución completa e modular na que se incorporan diferentes ferramentas software que permiten abordar tanto os procesos de captura mediante o control de sensores e envío de información, como de integración e calibración dos datos capturados independentemente dos sensores ou plataforma utilizada.

O obxectivo de Rawlidar é permitir que as operacións de captura de datos sexan accesibles a entidades de investigación, administracións Públicas e empresas privadas de diversos sectores, prestando servizos de venda e alugueiro das solucións desenvolvidas, atendendo ás necesidades de cada cliente.

Participou na segunda edición do Programa de Emprendemento Business Factory Aero- BFAero, desenvolvendo un dispositivo de captura de datos xeorreferenciados, de carácter multisensor e capacidade para ser embarcado en multiplataforma, como solución hardware-software modular e completa que permita un control de captura de datos e integración/procesado básico.

Sivsa, Soluciones Informáticas, S.A. (SIVSA)

  • Teléfono: 609 000 979
  • Páxina web: www.sivsa.com/site/
  • Contacto: José María Franco Fraiz, Product Innovation Manager

Compañía dedicada á prestación de servizos na área das Tecnoloxías da Información, ofrecendo respostas de última xeración que abarcan o deseño e desenvolvemento de sistemas, mantemento, investigación e innovación tecnolóxica para aproximar os beneficios da sociedade da información ao sector da saúde, sector privado e administración pública.

Colaborou co Programa Conxunto GAIN- BABCOCK (Programa de I+D) como subcontratista do socio tecnolóxico BABCOCK, desenvolvendo o sistema SGI (Sistema de Xestión de Inspeccións da Frota Pesqueira) para facilitar o control e seguimento da frota pesqueira. Así mesmo, desenvolveu o Sistema EINFOREX SECURITY ( EISEC), plataforma de servizos para xestionar de forma centralizada os elementos característicos de calquera modelo de seguridade en software nos niveis de autenticación e de autorización. E por último, desenvolveu un visor xeográfico web ( WEBGIS), con capacidade de representar unha serie de capas GIS personalizadas para o usuario sobre unha cartografía basee, e tamén ofrece ao usuario unha serie de ferramentas para crear contido sobre o mapa, visualizar recursos (imaxes, vídeos, posicións das aeronaves, etc.).

Signal Software S.L.

  • Teléfono: 605 473 412
  • Páxina web: www.signalsoftware.es/
  • Contacto: Martín Bosque Morán, CEO

Empresa especializada na xeración de solucións innovadoras aplicando tecnoloxías de visualización 3D en tempo real, desde simuladores para formación, pasando por sistemas de realidade virtual e aplicacións 3D para Web. Procesan imaxes para realizar control de calidade en industria, detección de elementos, cálculo, clasificación e xeran modelos baseados en deep learning que permiten o seu uso mesmo en contornas de iluminación non controlados.

Participou no Programa Conxunto GAIN- INDRA (Programa de I+D) como subcontratista do socio tecnolóxico principal INDRA., realizando diferentes desenvolvementos de visores 2D e 3D relacionados co proxecto de Simulación RV/ RA.

 

Sixtema, Soluciones y Proyectos de Información, S.L.

  • Teléfono: 981 574 724
  • Página web: www.sixtema.es
  • Contacto: Alejandro Lamas Pérez, director

Empresa TIC, con máis de 15 anos de experiencia, especializada en realizar servizos integrais no ámbito dos Sistemas de Información Xeográfica (GIS) e desenvolvemento de proxectos baseados en información con compoñente espacial.

Ofrece, ademais, unha área dedicada ao deseño, desenvolvemento e mantemento de aplicacións para dispositivos móbiles (Apps) para as principais plataformas do mercado, así como unha área de desenvolvemento a medida e implementación de Portais e Webs Corporativas.

Participou no Programa Conxunto de I+D  GAIN –  INDRA (Programa de I+D), como subcontratista do socio tecnolóxico principal  INDRA, para o desenvolvemento de diversos módulos do  CMPD.

Así mesmo, participou no proxecto TERRA-1 (Programa de Solucións) como contratista principal da UTE  INSITU –  CARTOGALICIA –  SIXTEMA (SOLUCIÓNS E PROXECTOS DE INFORMACIÓN, S.L. E no proxecto MAR-2 (Programa de Solucións) como contratista principal da UTE  INDRA SISTEMAS, S.A. –  SIXTEMA (SOLUCIÓNS E PROXECTOS DE INFORMACIÓN, S.L.) –  ADANTIA S.L. 

SOTICOL Robotics Systems

  • Teléfono: 626 514 625
  • Páxina web: www.soticol.com
  • Contacto: Tomás Arribas Navarro, Chief Technology Officer

Empresa de base tecnolóxica que proporciona e comercializa produtos e servizos de vangarda no ámbito da navegación autónoma para vehículos, tanto terrestres como aéreos. Ten como obxectivo principal atender a demanda actual de tecnoloxías aplicadas a  RPAS e robots, ofrecendo solucións innovadoras baseadas en técnicas propias tanto de control óptimo como de Intelixencia Artificial ( IA).

Participou no proxecto Galician  Skyway (Programa de Solucións), como subcontratista de  BOEING  RESEARCH  AND  TECHNOLOGY  EUROPE, S.L., traballando no deseño, desenvolvemento e fabricación de sistemas tecnolóxicos avanzados de control de voo para  RPAS.

TORUS SOFTWARE SOLUTIONS, S.L.

  • Teléfono: 981 978 286
  • Páxina web: www.torusware.com
  • Contacto: Sara Pan Temprano, Business Manager

Empresa de enxeñería informática que desenvolve solucións tecnolóxicas a través de Big Data e  DevOps. As súas áreas principais son a avaliación tecnolóxica, a  reenxeñaría de procesos, a transformación dixital, cliente 360º, a  monetización de datos, Internet das Cousas, industria 4.0 e Smart  cities.

Participou no Programa Conxunto  GAIN- INDRA (Programa de I+D) como subcontratista do socio tecnolóxico principal  INDRA, realizando os desenvolvementos relacionados co proxecto de SMART  LOGISTICS.

VEOLINE SISTEMAS AERONÁUTICOS, S.L.

  • Teléfono: 670 975 513
  • Páxina web:
  • Contacto: Miguel Ángel Gómez Arranz, director xeral

Empresa dedicada ao deseño, análise e fabricación de estruturas complexas en materiais compostos e as súas aplicacións industriais. Comercialización e disposición de produtos e servizos aeronáuticos e os seus compoñentes e derivados do sector de transportes.

Participou no Programa Conxunto  GAIN- BABCOCK (Programa de I+D) como subcontratista do socio tecnolóxico principal do programa, para o desenvolvemento do  autopiloto dos  UAVs  LUA e  LUMES.

Tamén formou parte do proxecto  Camiño  Cardiosaludable (Programa de Solucións) como subcontratista de  BABCOCK para as adaptacións do sistema de control de voo ( FCS), incluíndo soporte 3 G/4 G á ligazón de Comando e Control, e realizando o control dos mecanismos de solta da carga médica, así como a definición de requisitos do sistema de identificación automática de obstáculos móbiles, como integración co  autopiloto.

 

¡Participa!

Únete á comunidade Civil UAVS Initiative para compartires perspectivas sobre o sector.