ACLUNAGA

  • Teléfono: 981 578 206
  • Páxina web: www.aclunaga.es
  • Contacto: Óscar Gómez Díaz, xerente

Asociación-Agrupación industrial da industria naval galega cuxo obxectivo é mellorar a competitividade e impulsar o desenvolvemento do conxunto de empresas que integran o sector naval galego. Participan 125 empresas, desde estaleiros e enxeñerías ata sociedades de clasificación e certificadoras, pasando por empresas provedoras de bens de equipo e subministracións, empresas habilitadoras, instaladores ou empresas do metal.

Participou no Programa Conxunto GAIN- INDRA (Programa de I+D) como subcontratista do socio tecnolóxico INDRA en tarefas de deseño e desenvolvemento avanzado dos produtos e servizos da construción naval, nas Liñas de I+D de Vehículos Mariños de Superficie Non Tripulados e aplicacións para o “Centro de Misión e Proceso de Datos”.

AIMEN Centro Tecnológico

  • Teléfono: 986 344 000
  • Páxina web: www.aimen.es
  • Contacto: Juan Manuel González Ramírez, Aeroespace Key Account Manager

Con máis de 50 anos de traxectoria de actividade,  AIMEN é un referente a nivel nacional e un dos Centros de Innovación e Tecnoloxía máis importantes a nivel europeo en investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica nas áreas de fabricación avanzada e fabricación láser, tecnoloxías dixitais para fabricación, materiais intelixentes,  smart  systems e reciclaxe; así como en prestación de servizos tecnolóxicos diferenciadores e de alto valor engadido á industria nas áreas de: fabricación con tecnoloxías de unión avanzadas, robótica e dixitalización de procesos, servizo flexible de enxeñería transversal con  expertise en soldadura, corrosión, cálculo de equipos, simulación de produtos e ensaios de materiais metálicos.

Participou no Programa Conxunto  GAIN- INDRA (Programa de I+D) como subcontratista do socio tecnolóxico  INDRA. Deseñou e desenvolveu, a nivel óptico e electrónico, sistemas de adquisición e procesado de imaxe  multiespectral. Ademais, desenvolveu un sistema autónomo de  autoestabilización de cargas de pago (payload) que pode ser instalado en vehículos e/ou embarcacións opcionalmente tripuladas.

Tamén participou no proxecto MAR-2 (Programa de Solucións) como subcontratista da UTE  INDRA SISTEMAS, S.A. – SOLUCIONES E PROXECTOS DE INFORMACIÓN, S.L. (SIXTEMA) –  ADANTIA S.L. Desenvolveu traballos de enxeñaría, fabricación e posta a piques da solución para a automatización total da toma de mostras de auga de mar desde un vehículo autónomo de superficie mariño.

Centro de Investigación Forestal – Lourizán-

  • Teléfono: 986 805 063
  • Páxina web: www.lourizan.xunta.gal
  • Contacto: Enrique Jiménez Carmona, investigador

Centro dedicado á investigación forestal para mellorar os bens intanxibles subministrados polos espazos forestais (biodiversidade, fixación do carbono, dispoñibilidade de auga de calidade, conservación do recurso chan, paisaxe…), e asegurar a  perdurabilidade, adaptabilidade e resistencia dos ecosistemas forestais fronte a factores de perturbación (cambio climático, incendios, enfermidades e pragas).

Participou no Programa Conxunto  GAIN- BABCOCK (Programa de I+D) como subcontratista do socio tecnolóxico  BABCOCK. Desenvolveu solucións de algoritmos no ámbito da silvicultura e inventariado forestal orientados, entre outras aspectos, ás decisións sobre os procesos de recuperación post-incendio.

Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CTAG)

  • Teléfono: 986 900 300
  • Páxina web: www.ctag.com
  • Contacto: Ana M. Paul, directora de Innovación Tecnolóxica

Entidade dedicada a ofrecer solucións tecnolóxicas avanzadas no sector do transporte e a mobilidade, en especial do automóbil, nas seguintes áreas de competencia: estilo e  HMI (Human  Machine  Interface), novos materiais, enxeñería mecánica, electrónica e sistemas de transporte intelixente, seguridade pasiva, propulsión e emisións,  NVH (Noise,  vibration  and  harshness), enxeñería de ensaios e procesos.

Participou no Programa Conxunto  GAIN- BABCOCK (Programa de I+D) como subcontratista do socio tecnolóxico  BABCOCK. Colaborou no desenvolvemento da unidade móbil terrestre e da unidade de potencia dos sistemas  LUA e  LUMES.

Ademais, CTAG é entidade promotora na iniciativa Business Factory  Aero (BFAero), aceleradora do sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados en Galicia.

Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR)

  • Teléfono: 986 247 047
  • Páxina web: www.cetmar.org
  • Contacto: Paloma Rueda Crespo, directora-xerente / Silvia Torres López, coordinadora Unidade de Tecnoloxías Mariñas

Fundación pública que traballa pola mellora do medio mariño, dos seus recursos e os seus sectores relacionados mediante o desenvolvemento de proxectos de I+D+i, de estudos sectoriais e asesoramento especializado, formación, dinamización da participación dos axentes relevantes no sistema de innovación mariña e promoción da colaboración (academia, industria, administración e sociedade).

Participou no Programa Conxunto  GAIN- BABCOCK (Programa de I+D) como subcontratista do socio tecnolóxico principal  BABCOCK, na definición de requisitos e avaliación de resultados do sistema de xestión para o control da frota pesqueira e para o seguimento das prácticas pesqueiras e marisqueiras.  Desenvolveu o sistema de extracción de mostras mariñas e de análises  in- situ da calidade das augas desde os  UAVs  LUA e  LUMES para respostas rápidas a verteduras contaminantes no medio mariño.

Tamén participou no proxecto MAR-1 (Programa de Solucións) da UTE IMATIA  INNOVACION, S.L. –  CARTOGALICIA, S.L. – INDUSTRIAS  FERRI, S.A., como asesor da Consellería  do Mar na validación dos resultados.

Centro Tecnológico Forestal y de Madera (CETEMAS)

  • Teléfono: 984 500 000
  • Páxina web: www.cetemas.es
  • Contacto: Juan Majada Guijo, director

Entidade privada sen ánimo de lucro que ten por obxecto promover a I+D+i no ámbito dos distintos sectores implicados na cadea de valor Monte-Industria. Os seus ámbitos de actuación abarcan a produción forestal sostible, a organización e planificación forestal,  xeomática, construción e materiais sostibles e  bioprodutos.

Participou no proxecto TERRA-4 (Programa de Solucións) como contratista principal da UTE 3 EData Enxeñería Ambiental, S.L. – Universidade de Santiago de Compostela – Centro Tecnolóxico Forestal e da Madeira ( CETEMAS) – Centro de Observación e  Teledetección Espacial, S.A.U. A súa función foi o deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha solución para a xestión e control forestal.

CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia)

  • Teléfono: 981 569 810
  • Páxina web: www.cesga.es
  • Contacto: Andrés Gómez Tato, responsable de Aplicaciones y proyectos

Centro especializado en sistemas de computación, almacenamento de datos e comunicacións de alto rendemento, así como na análise e presentación dos resultados. As áreas de investigación son: tecnoloxías para computación de alto rendemento (HPC) (Novos algoritmos matemáticos,  paralelización Cloud computing para  HPC, Big Data e visualización científico-técnica) e solucións  computacionais con impacto en nanotecnoloxía, novos materiais e procesos industriais, ciencias da vida e a saúde, ciencias do océano, etc.

Participou no Programa Conxunto  GAIN- BABCOCK (Programa de I+D) como subcontratista do socio tecnolóxico principal  BABCOCK. Desenvolveu servizos de infraestrutura de computación para o proxecto de loita contra a contaminación.

Tamén no proxecto TERRA-1 (Programa de Solucións), como subcontratista, proporcionando acceso a infraestruturas de computación, almacenamento e comunicacións.

CiTIUS. Universidade de Santiago de Compostela

  • Teléfono: 881 181 421
  • Páxina web: www.citius.usc.es
  • Contacto: Senén Barrio Ameneiro, director científico

Centro de investigación cuxos eixos de actividade son os seguintes: aprendizaxe automática, computación avanzada, dispositivos  semiconductores e sensores autónomos, e-Saúde, procesamento aproximado, robots persoais, tecnoloxías de linguaxe natural e visión artificial.

Participou no Programa Conxunto  GAIN- BABCOCK (Programa de I+D) como subcontratista do socio tecnolóxico principal  BABCOCK. Desenvolveu solucións  computacionalmente eficientes a problemas específicos, usando como entrada exclusivamente nubes de puntos  LiDAR e/ou de  fotogrametría., a identificación de vías de escape e de zonas de aterraxe seguras para helicópteros e drons, a caracterización de estradas, liñas eléctricas, vexetación e construcións, etc.

Tamén participou no proxecto  Camiño  Cardiosaludable (Programa de Solucións) como subcontratista de  BABCOCK, desenvolvendo un proceso para determinar as zonas de entrega dun kit médico próximas ao Camiño de Santiago, a partir de datos de  fotogrametría. A partir destas zonas, que deben cumprir as características necesarias en canto a pendente, amplitude, seguridade, acceso a pé ata o Camiño, etc., selecciónase o punto máis próximo ao obxectivo.

Fundación Instituto Tecnológico de Galicia (ITG)

  • Teléfono: 981 173 206
  • Página web: www.itg.es
  • Contacto: Analía López Fidalgo, directora de Sensórica y Comunicaciones

Centro tecnológico nacional, referente en I+D+i aplicada al ámbito de los UAS, a nivel nacional. Desarrolla la estrategia nacional de I+D para la Movilidad Aérea Autónoma (programa Cervera de CDTI); a nivel internacional contribuye al desarrollo del marco regulatorio y estandarización con su participación en grandes demostradores europeos del programa SESAR para el desarrollo de Urban Air Mobility (UAM); dispone de infraestructuras para la realización de ensayos en vuelo (Centro ANCORA) y de dos Unidades Mixtas de Investigación en el ámbito UAS con empresas del sector.

Destaca su experiencia y capacidad científico-tecnológica en áreas clave para el desarrollo del sector, especialmente en operaciones de Movilidad Aérea Urbana (UAM), tales como: “Automatización y Robótica Aérea”, “Inteligencia Artificial”, “Control de Tráfico Drones”, “Sistemas Embebidos para IoT” y la “Seguridad funcional y certificación aeronáuticas”.

En la iniciativa, ITG ha apoyado el desarrollo de aplicaciones relacionadas con todos los Retos Tecnológicos.

Ha participado en el Programa Conjunto GAIN-BABCOCK (Programa de I+D), en la componente de sistemas de consultoría aeronáutica para la certificación, en relación con el control y guiado de aeronaves (sistemas LUA y LUMES). En el Programa Conjunto GAIN-INDRA (Programa de I+D) ha dado soporte a la especificación funcional y al desarrollo del sistema CMPD, apoyo al desarrollo de “TARGUS”.

También ha participado en el proyecto MAR-1 (Programa de Soluciones) como subcontratista de la UTE IMATIA INNOVACION, S.L. – CARTOGALICIA, S.L. – INDUSTRIAS FERRI, S.A., realizando el desarrollo de sistema de control de artes y aparejos.

Participa en la tercera edición del Programa de Emprendimiento, Business Factory Aero- BFAero, en el que ha generado una “spin off, DroneSuite”, con el objetivo de facilitar las gestiones y operaciones de un RPAS. DroneSuite es una plataforma “cloud” con herramientas y utilidades SW destinadas a facilitar la gestión, operación y administración de la actividad habitual de una operadora de UAV, que permite automatizar las tareas de procesado y generar resultados de forma eficaz.

Centro Tecnológico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant)

  • Teléfono: 986 120 430
  • Páxina web: www.gradiant.org
  • Contacto: Miguel Regueiro Alonso, Responsable de Desenvolvemento de Negocio

Centro tecnolóxico especializado en TIC, cuxas áreas de actividade son a conectividade, a intelixencia e a seguridade, abarcando diferentes sectores (industria 4.0, seguridade e defensa, aeroespacial, telecomunicacións, etc.).

Participou no Programa Conxunto  GAIN- BABCOCK (Programa de I+D) como subcontratista de  BABCOCK, desenvolvendo o software para dar soporte a usos de vídeo vixilancia marítima: recoñecemento de artes de pesca, lectura de folio de embarcacións, cálculo de nós en bateas, etc; tamén desenvolveu un simulador de comunicacións para o apoio na toma de decisións en escenarios de emerxencias.

No Programa Conxunto  GAIN- INDRA (Programa de I+D), como subcontratista de  INDRA, realizou o desenvolvemento dun sistema de comunicacións de medio alcance para o proxecto  USV, así como o desenvolvemento de tecnoloxías para un  multirrotor cautivo  integrable en vehículos en movemento.

Así mesmo, participou no proxecto Galician  Skyway (Programa de Solucións), como subcontratista de  BOEING  RESEARCH  AND  TECHNOLOGY  EUROPE, S.L., traballando no desenvolvemento e implantación de diversos algoritmos para a resolución de continxencias en voo, entre os que destaca un algoritmo de visión sintética para detección de obstáculos en voo e navegación autónoma.

Tamén participou no proxecto  Camiño  Cardiosaludable (Programa de Solucións) como subcontratista de  BABCOCK. Realizou o desenvolvemento e implantación do módulo de análise intelixente de vídeo para asistencia á aterraxe autónoma. Este algoritmo intégrase cos sistemas do  UAV de modo que permite detectar en tempo real e de maneira automática elementos como persoas, vehículos, e outros elementos da paisaxe sobre os que non sexa seguro aterrar.

Instituto Tecnológico de Matemática Industrial (ITMATI)

  • Teléfono: 881 813 357
  • Páxina web: http://www.itmati.com/
  • Contacto: Peregrina Quintela Estévez, directora

Instituto tecnolóxico especializado nos ámbitos da matemática aplicada, a estatística e a investigación operativa, e con ampla experiencia no desenvolvemento de proxectos de I+D+i, desenvolvemento de software e solucións para empresas (simulación, Big data aplicada a procesos industriais, optimización e computación). 

Participou como subcontratista no Programa Conxunto  GAIN- BABCOCK (Programa de I+D) desenvolvendo algoritmos e sistemas expertos para a loita contra incendios forestais, como velocidades de avance de frontes de chama, zonificación de frontes de chama con criterios de enxeñería de incendios, etc., relacionados con “Estatística e Intelixencia Artificial”, así como asesoramento e apoio a socios en integración de algoritmos  QGIS e Big Data.

Centro de Investigación atlanTTic. Universidade de Vigo

  • Teléfono: 986 812 102
  • Páxina web: https://atlanttic.uvigo.es/
  • Contacto: Miguel Álvarez Iglesias, Innovation & Business Manager

Centro de investigación especializado en Tecnoloxías de Telecomunicación e TIC. Os seus máis de 170 profesionais investigadores desenvolven a súa actividade en áreas tan diversas como os sistemas de comunicacións (radio, ópticas, satélite…), os sistemas empotrados, o middleware de comunicacións, os entornos de simulación, as arquitecturas de software, a seguridade e privacidade, as tecnoloxías aeroespaciais, a intelixencia, as redes de datos e arquitecturas, a sensórica, as tecnoloxías multimedia e procesamento de sinal, a fotónica, etc.

AtlanTTic aplicou o seu coñecemento en sectores estratéxicos como o da industria 4.0, seguridade e defensa, aeroespacial, telecomunicacións, saúde, automoción, naval, pesca, enerxía, medioambiente, etc., destacando tanto a súa capacidade de transferencia de solucións de alto nivel engadido ao tecido industrial como a colaboración en proxectos de I+D+i de referencia a nivel nacional e internacional nos seus ámbitos de especialización.

Participou no Programa Conxunto GAIN-BABCOCK (Programa de I+D) e no Programa Conxunto GAIN-INDRA (Programa de I+D), como subcontratista dos socios principais de cada programa así como noutras iniciativas impulsadas polos principais actores no marco da Civil UAVs Initiative.

Universidade de Santiago de Compostela (LaboraTe)

  • Teléfono: 982 823 266
  • Páxina web: www.laborate.usc.es
  • Contacto: David Miranda Barrós, director do Laboratorio do Territorio

Centro que leva a cabo actividades de investigación e proxectos de I+D relacionados co territorio en sentido amplo, e especialmente no territorio rural. As áreas de coñecemento nas que traballa abarcan a ordenación do territorio, o desenvolvemento rural, a xestión do territorio, a planificación da paisaxe, os Sistemas de Información Xeográfica ( SIG), a  fotogrametría, a  teledetección e a cooperación para o desenvolvemento.

Participou como subcontratista no Programa Conxunto  GAIN- BABCOCK (Programa de I+D), dando asistencia na xeración de procedementos e algoritmos baseados na tecnoloxía  LiDAR.

¡Participa!

Únete á comunidade Civil UAVS Initiative para compartires perspectivas sobre o sector.