Adantia S.L.

  • Teléfono: 981 577 854
  • Páxina web: www.adantia.es
  • Contacto: Ernest Taure López, Administrador Delegado

Empresa especializada no ciclo da auga (xestión de concas, auditoría de depuradoras de augas residuais, xestión de tributos, etc.), en xestión ambiental de proxectos, plans e programas (inventarios, cartografías temáticas, estudos de avaliación, dirección de obra e tramitación administrativa), así como en software e aplicacións informáticas.

Participou no proxecto MAR-2 (Programa de Solucións) como contratista principal da UTE INDRA SISTEMAS, S.A. – SOLUCIONES E PROXECTOS DE INFORMACIÓN, S.L. ( SIXTEMA) – ADANTIA S.L. A actividade desenvolvida centrouse no deseño da metodoloxía de mostraxe de augas mariñas e continentais con USV e UAV.

Ceres Gestión Sectorial, S.L.

  • Teléfono: 982 246 349
  • Páxina web: www.ceresingenieria.es
  • Contacto: Pablo Fernández Ferreyra, técnico

Compañía multinacional de enxeñería, consultoría, tecnoloxías da información e desenvolvemento institucional, económico e social, realizando proxectos nos sectores de Transporte, Auga e Medio Ambiente, Edificación, Enerxía e Industria.
Participou no proxecto TERRA-2 (Programa de Solucións) como contratista principal da UTE SERVICES RESEARCH – EPTISA – CERES XESTIÓN SECTORIAL., desenvolvendo os algoritmos de análises para as aplicacións do proxecto.

EPTISA Tecnología de la Información S.A.

  • Teléfono: 915 949 500
  • Páxina web: www.eptisa.com
  • Contacto: José Carlos Pérez Leza, xefe de proxecto

Empresa de enxeñería e servizos aeronáuticos de apoio de Indra nos traballos de desenvolvemento, construción e certificación do avión opcionalmente tripulado Targus.

Participou no Programa Conxunto GAIN- INDRA (Programa de I+D) como subcontratista do socio tecnolóxico INDRA dando soporte do desenvolvemento do sistema Targus. Desenvolveu as modificacións, así como a integración de sistemas de control, as probas en terra e en voo e o proceso de certificación do OPV TARGUS.

Gaerum, S. L.

  • Teléfono: 636 994 394
  • Páxina web: www.gaerum.es
  • Contacto: María Oliver Rivera, directora xeral

Empresa de enxeñaría e servizos aeronáuticos de apoio de Indra nos traballos de desenvolvemento, construción e certificación do avión optionalmente tripulado Targus. 

Participou no Programa Conxunto GAIN-INDRA (Programa de I+D) como subcontratista do socio tecnolóxico INDRA dando soporte ao desenvolvemento do sistema Targus. Desenvolveu as modificacións, así como a integración de sistemas de control, as probas en terra e en voo e o proceso de certificación do OPV TARGUS.

Investigación y Proyectos Medio Ambiente S.L. (IPROMA)

  • Teléfono: 986 239 202
  • Páxina web: www.iproma.com/es
  • Contacto: Jorge Iglesias Crespo, delegado

Empresa dedicada á realización de estudos, asesoramento técnico, toma de mostras e análises de augas, análises de chans contaminados, residuos, sedimentos, biota, análises atmosféricas, hixiene industrial e hixiene alimentaria.

Participou o proxecto MAR-2 (Programa de Solucións) como subcontratista da UTE INDRA SISTEMAS, S.A. – SOLUCIONES E PROXECTOS DE INFORMACIÓN, S.L. (SIXTEMA) – ADANTIA S.L., realizando actividades de Planificación e apoio nas mostraxes.

Pildo Labs Galaica, S. L.

  • Teléfono: 931 828 840
  • Página web: https://pildo.com/
  • Contacto: Santiago Soley Rimblás, CEO

Empresa de enxeñaría especializada en ofrecer tecnoloxía e servizos de primeiro nivel dentro dos sectores aeronáutico e aeroespacial, apoiando a investigación e desenvolvemento de conceptos e operacións na xestión do tráfico aéreo (ATM). A compañía lidera a introdución de servizos de navegación por satélite (GNSS) e a implementación de navegación baseada no rendemento (PBN) dentro do sector aeronáutico europeo.

Participou no Programa Conxunto GAIN- BABCOCK (Programa de I+D) como subcontratista de BABCOCK en actividades de deseño e implantación de operacións aéreas para os sistemas LUA e LUMES.

Tamén participou na primeira edición do Programa de Emprendemento, Business Factory Aero- BFAero, e definiu en base á plataforma ADS- B como solución para a optimización de roteiros e operacións en plataforma e en aire, a redución de emisións contaminantes, de consumo de combustible e de tempos de espera, ademais de proporcionar estudos de banda aeronáutica e soporte para coordinación de tráfico aéreo.

¡Participa!

Únete á comunidade Civil UAVS Initiative para compartires perspectivas sobre o sector.