iniciativa

No marco desta política de promoción do polo tecnolóxico, o goberno galego lanzou a Civil UAVs Initiative para a utilización de sistemas aéreos non tripulados (UAVs nas súas siglas en inglés) no ámbito civil e na mellora da prestación dos servizos públicos.

A Xunta de Galicia está a realizar unha aposta decidida polo desenvolvemento dun polo aeronáutico de referencia europea en Galicia arredor do aeródromo de Rozas (Castro de Rei, Lugo) e do futuro Centro de Investigación INTA-Xunta (CIAR), no que se investirá no seu conxunto ata 55 millóns de euros até 2020.

CONTEXTO

Galicia ocupa un territorio de preto de 30.000 km2 situado no noroeste de España. Trátase dunha das comunidades autónomas españolas con maior lonxitude de costa, con case 1.500 km, e unha orografía moi diversa. Pola súa situación xeográfica, forma parte das redes transeuropeas, fundamentalmente da “autoetrada do mar” da Europa occidental. A súa poboación, que ascende a 2,7 millóns de persoas, presenta unha elevada dispersión poboacional. Estas características convértena nun excelente campo de proba para novas solucións tecnolóxicas no ámbito dos sistemas aéreos non tripulados.

PRIMEIROS PASOS

Enmarcado na política de impulso do polo de investigación e tecnoloxía aeronáutica, o goberno galego e o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) acordaron un investimento de 10 millóns de euros na adaptación das infraestruturas do aeródromo de Rozas para acoller o Centro Mixto de Investigación INTA-Xunta (CIAR), para convertirse nun centro de ensaios para o desenvolvemento de aeronaves e a avaliación de campañas a realizar coas mesmas.
Posteriormente, a Xunta de Galicia ten en marcha un procedemento de compra pública precomercial a nivel internacional por ata 25 millóns de euros, para a busca dun ou varios socios tecnolóxicos industriais, especializados en sistemas aéreos non tripulados, que activen e desenvolvan o polo tecnolóxico. Por último, a administración autonómica ten previsto lanzar durante 2016 un proceso de compra pública innovadora por un importe de ata 20 millóns de euros, para mellorar a través das UAVs a prestación de determinados servizos propios.

RETOS TECNOLÓXICOS

Os sistemas aéreos non tripulados son susceptibles de ofrecer solucións para optimizar determinados servizos públicos que presta a administración, polo que o Goberno galego actuará como cliente lanzador e validador de novas solucións tecnolóxicas innovadoras baseadas en UAVs.
Os servizos públicos susceptibles de ser mellorados mediante solucións tecnolóxicas innovadoras baseadas en UAVs pódense agrupar nas seguintes categorías:

LOCALIZACIÓN

O polo aeronáutico estará ubicado no parque tecnolóxico de Rozas, no concello de Castro de Rei, na provincia de Lugo, aproveitando as instalacións do aeródromo de Rozas dependente do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial do Ministerio de Defensa e do futuro Centro de Investigación Aerotransportada INTA-Xunta (CIAR).

Planos do aeródromo

  • Hangar

  • Hangar

  • Hangar

  • Laboratio

  • Laboratio

  • Laboratio

  • Torre de control

  • Torre de control

  • Torre de control