UNVEX

UNVEX

07.07.2021 - 09.07.2021

UNVEX, evento de referencia no eido dos sistemas non tripulados en España celébrase por primeira vez en Galicia no seu décimo aniversario coa colaboración da Xunta a través da Civil UAVs Initiative.

O encontro, no que se espera a visita de máis de 5.000 profesionais do sector dos drons procedentes de diferentes países e a participación de medio cento de empresas, terá lugar do 7 ao 9 de xullo de 2021 na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela; e no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR), en Castro de Rei, Lugo; donde se realizarán as demostracións con sistemas non tripulados.

Despois do adiamento de UNVEX a marzo de 2021, a organización puxo en marcha UNVEX LIVE, un punto de encontro para o sector dos vehículos non tripulados no que acceder a webinarios, a un foro profesional, ao plano virtual da exposición e a información de interese relacionada co evento, opinións de expertos do sector e noticias relevantes.

Inscríbete no evento.

¡Participa!

Únete á comunidade Civil UAVS Initiative para compartires perspectivas sobre o sector.