Certame CanSat

Certame CanSat

06.04.2021 - 08.04.2021

Lanzamento dos proxectos dos once equipos de centros educativos galegos que participan na fase rexional de CanSat. Trátase dun certame impulsado pola Axencia Espacial Europea que reta a mozos e mozas de entre 14 e 19 anos a crear un minisatélite no volume e forma dunha lata de refresco. O proxecto do equipo gañador participará na competición nacional, prevista para os días 23, 24 e 25 de abril.

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación organiza en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade a fase autonómica do certame no marco do programa de vocacións científico-tecnolóxicas do Polo Aeroespacial de Galicia “Voando alto, sumando vocacións”.

Lugar: Centro de Investigación Aeroportada de Rozas.

¡Participa!

Únete á comunidade Civil UAVS Initiative para compartires perspectivas sobre o sector.