III WORKSHOP CIVIL UAVs INITIATIVE

23 de xaneiro, Sede Axencia Galega de Innovación, Santiago de Compostela

O vindeiro 23 de xaneiro celebraremos na sede da Axencia Galega de Innovación en Santiago de Compostela a xornada Civil UAVs Initiative: Solucións. Trátase dunha xornada de traballo na que os distintos departamentos da Xunta de Galicia implicados darán a coñecer as necesidades identificadas en relación coa mellora na prestación de determinados servizos públicos a través do uso de vehículos aéreos non tripulados (UAV nas súas siglas en inglés). Ademais, presentarase o resultado do proceso de consultas ao mercado realizado no marco da fase B da iniciativa e informarase sobre as características das licitacións que se porán en marcha.

A xornada está especialmente dirixida a aquelas empresas e entidades que presentaron solucións tecnolóxicas innovadoras dentro desta fase da CUI, pero tamén a calquera outra persoa ou entidade interesada no tema.

Poñemos á túa disposición o formulario de inscrición online, así como o programa provisional do evento.Debido ao aforo limitado das salas e ao alto nivel de resposta recibido, o proceso de inscricións pecharáse o venres 20 de xaneiro ás 11h ou até completar aforo.

Ademais, enviámosche o enlace á Guía de iniciativas empresariais da Civil UAVs Initiative, que recolle un extracto das presentacións de capacidades realizadas por empresas e outras entidades durante a sesión de networking do II Workshop CUI, celebrado en setembro de 2016 en Rozas, e que pode resultar útil á hora de identificar os axentes involucrados nesta fase de busca de solucións tecnolóxicas innovadoras así como coñecer as solucións tecnolóxicas presentadas.

arquivos