Como paso previo á definición dos modelos de contratación pública de innovación que se desenvolverán na Fase II (RFP-B), considérase, de interese promover un procedemento de Consultas preliminares do mercado a modo de convocatoria aberta de propostas de solucións innovadoras, como medio para identificar tecnoloxías e solucións de interese para os retos tecnolóxicos que se propoñen na Civil UAVs Iniciative.

O obxecto desta convocatoria é promover a participación de calquera persoa, física ou xurídica, pública ou privada para a identificación de propostas innovadoras que contribuirán ao proceso de desenvolvemento e execución dos proxectos incluídos dentro da “Civil UAVs Initiative”, que se relacionan no ANEXO I do RFP.

O presente proceso de consultas preliminares do mercado realízase con vistas a preparar as futuras contratacións que a Administración autonómica ten previsto desenvolver durante a Fase II (RFP-B) e informar os operadores económicos acerca dos seus plans e os seus requisitos de contratación.

A convocatoria é aberta e diríxese a todas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas que teñan vontade de participación e de colaboración coa Axencia Galega de Innovación para o desenvolvemento dos devanditos proxectos, tanto na súa definición e alcance como no desenvolvemento e innovación tecnolóxica no ámbito dos UAVs civís.

Poderán participar calquera interesado aínda que non enviase previamente as manifestacións de interese a través da “Request for information (RFI)” convocada pola Axencia galega de Innovación na presente iniciativa a través da páxina web www.civiluavsinitiative.com

A participación na convocatoria non leva por parte da Administración autonómica ningunha obrigación de financiamento ou aceptación das propostas presentadas.

A Administración dará aos participantes un tratamento igualitario e non discriminatorio, e axustará a súa participación ao principio de transparencia.

Formulario/Ficha de propostas de solucións innovadoras

Retos tecnolóxicos